InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOO Concello de Santiago limpa a pintada vandálica na estatua de Moncho...

O Concello de Santiago limpa a pintada vandálica na estatua de Moncho Reboiras

O Goberno municipal rexeita o ataque ao monumento mentres o PP critica a celeridade da actuación fronte a outras zonas da cidade.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago xa procedeu á limpeza da pintada coa que apareceu vandalizada a estatua de Moncho Reboiras, inaugurada o pasado mes de abril. O monumento, co que o goberno local quixo homenaxear ao militante nacionalista asasinado pola policía franquista, fora cuberto con pintura vermella e unha mensaxe en árabe xunto á placa conmemorativa.

Ante este ataque, o executivo municipal manifestou o seu rexeitamento a “todos os comportamentos contrarios á convivencia cidadá”. Pola súa banda, o PP aproveitou o incidente para criticar a xestión da limpeza urbana. O seu portavoz, Borja Verea, afeou que outras pintadas e espazos abandonados non reciban a mesma “rapidez nin prioridade” por parte do goberno de Goretti Sanmartín. “Cada vez está máis claro cales son as prioridades deste goberno”, censurou o líder popular.

Fontes municipais negaron calquera trato de favor nesta actuación, asegurando que a limpeza de actos vandálicos se realiza “coa mesma dilixencia en todos os casos” por toda a cidade.

ÚLTIMAS

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

Santiago concederá case 2.000 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares, 145 máis que o curso pasado

O Concello de Santiago de Compostela prevé conceder un total de 1.989 bolsas de...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...

Santiago mantén a vixilancia sobre o vertido de Tordoia malia o freo do seu avance

O vertido de purín provocado pola rotura dunha balsa nunha explotación gandeira de Tordoia...