InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOVerea critica a falta de actuación no muro de Bonaval e cuestiona...

Verea critica a falta de actuación no muro de Bonaval e cuestiona a xestión do goberno local en Santiago

O líder do PP sinala a “inacción” municipal tras dous meses do derrubamento e vincula a situación coa caída da ocupación turística na cidade

Publicado o

Xornal de Compostela

O portavoz do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, denunciou este martes en rolda de prensa a falta de intervención no muro do parque de Bonaval dous meses despois do seu derrubamento, unha situación que cualificou como exemplo da xestión do goberno municipal encabezado por Goretti Sanmartín.

O dirixente popular afirmou que “hai imaxes que non precisan explicación” e asegurou que o estado actual do espazo “leva dous meses sendo a imaxe máis clara da xestión” do executivo local. Segundo indicou, o feito de que non se producise unha actuación neste tempo evidencia, ao seu xuízo, “unha desconexión total coa cidade”.

Verea incidiu no valor simbólico de Bonaval dentro de Santiago, ao sinalar que se trata dun lugar “que forma parte da identidade da cidade e da vida diaria da veciñanza”. Neste sentido, subliñou que “para un santiagués, Bonaval non precisa explicación” e engadiu que o coidado destes espazos define o modelo de cidade.

O líder do PP criticou que, transcorrido este tempo, a situación continúe sen cambios visibles e apuntou á ausencia de medidas como a declaración de emerxencia ou a posta en marcha dun proxecto de rehabilitación. “Nin urxencia, nin planificación, nin capacidade de reacción”, resumiu, ao tempo que asegurou que dous meses serían suficientes para iniciar a reconstrución do muro, ao tratarse ademais dun ben patrimonial protexido.

Así mesmo, lembrou que o elemento afectado é de titularidade municipal, polo que a responsabilidade da súa recuperación corresponde integramente ao Concello. Neste contexto, preguntouse se o goberno local está á espera de que outra administración asuma a intervención.

Na súa intervención, Verea estableceu tamén unha comparación coa recente actuación na muralla de Lugo, onde, segundo indicou, se iniciou a reparación poucos días despois dun derrubamento similar. “Por que en Lugo se pode comezar a actuar en días e en Santiago, despois de dous meses, non sabemos absolutamente nada?”, cuestionou.

CRÍTICAS AO MODELO TURÍSTICO

O portavoz popular vinculou esta situación cunha análise máis ampla da xestión municipal, especialmente no ámbito turístico. Segundo expuxo, desde mediados de 2025 rexístrase unha caída na ocupación hoteleira en Santiago, con descensos anuais que situou entre o 8% e o 10% en determinados meses.

Verea contrapuxo estes datos coa evolución doutras cidades, como A Coruña, que, segundo sinalou, experimentan un crecemento neste ámbito. Neste sentido, atribuíu esta tendencia a un cambio no discurso institucional sobre o turismo por parte do goberno local.

Así, criticou que se trasladase unha visión negativa sobre a actividade turística e cuestionou algunhas das medidas adoptadas. “Se creou un relato no que o turismo era visto como algo negativo”, afirmou, en referencia a actuacións como o control do ruído no casco histórico.

ÚLTIMAS

Rafael Louzán e Luís de la Fuente ofrecerán a Copa do Mundo ao Apóstolo Santiago este xoves

Compostela acollerá mañá xoves unha serie de actos arredor da Copa do Mundo de...

Unha vaga de falsas ameazas de bomba obriga a desaloxar tres institutos de Santiago e centros da comarca

Tres institutos de Santiago de Compostela tiveron que activar este mércores os seus protocolos...

Santiago acenderá o Nadal o 1 de decembro cunha festa participativa no Obradoiro e máis dun mes de actividades

O Concello de Santiago de Compostela presentou este mércores un avance da programación de...

A folga xeral deixa seis voos cancelados no aeroporto de Santiago

O aeroporto de Santiago de Compostela rexistrou seis cancelacións de voos este mércores na...

O Consorcio de Santiago adxudica por máis de 82.000 euros a restauración do Arco de Mazarelos

O Consorcio de Santiago adxudicou por 82.382,42 euros, IVE incluído, os traballos de restauración...

Un libro percorre 31 cúpulas de Santiago para descubrir o patrimonio arquitectónico menos visible da cidade

Santiago de Compostela conta cun patrimonio arquitectónico que vai máis alá das fachadas e...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here