InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOO PSdeG levará ao Parlamento o impacto ambiental do vertedoiro de Miramontes...

O PSdeG levará ao Parlamento o impacto ambiental do vertedoiro de Miramontes tras a sentenza condenatoria

Aitor Bouza reclama á Xunta a retirada inmediata de residuos e unha avaliación integral dos danos ambientais na zona afectada

Publicado o

Xornal de Compostela

O secretario xeral do PSdeG de Santiago e deputado no Parlamento galego, Aitor Bouza, anunciou que o seu grupo levará á Cámara autonómica a situación da canteira de Miramontes tras a recente sentenza que condena o vertedoiro por delito ambiental. Segundo indicou, o fallo xudicial confirma as denuncias realizadas durante anos pola veciñanza.

Bouza sinalou que esta resolución “respaldaba todos eses anos de denuncias veciñais” e puxo o foco na actuación da Xunta de Galicia, á que acusou de non responder ante unha problemática que cualificou de relevante. O deputado advertiu de que o sucedido en Miramontes non debe quedar nun feito puntual nin nunha cuestión mediática efémera.

Neste sentido, avanzou que o PSdeG formulará iniciativas parlamentarias para esixir explicacións ao Goberno galego. En concreto, reclamará que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, se comprometa a avaliar de maneira inmediata o impacto ambiental xerado pola actividade do vertedoiro e as consecuencias derivadas da sentenza.

Entre as medidas propostas, Bouza incidiu na necesidade de retirar os residuos acumulados e impulsar actuacións de restauración ambiental nas zonas afectadas, así como na reparación dos danos ocasionados. “Que se avalíe de maneira integral ese impacto” e que se actúe de forma inmediata, reclamou.

O responsable socialista vinculou ademais esta cuestión coa saúde pública e a calidade de vida da cidadanía, ao afirmar que “o medio ambiente tamén é a saúde e a calidade de vida”. Así, criticou o que definiu como unha falta de responsabilidade na xestión ambiental por parte do Executivo autonómico.

Finalmente, Bouza apuntou á posibilidade de que existan responsabilidades políticas derivadas da situación, ao cuestionar se o delito ambiental recoñecido pola xustiza pode estar relacionado cunha inacción da Xunta. Neste contexto, asegurou que o PSdeG reclamará tanto a restauración do espazo como a depuración de responsabilidades e unha análise detallada do estado actual da canteira tras anos de impacto ambiental.

ÚLTIMAS

Santiago entrega a Alba de Compostela nun acto dedicado a “todas” as vítimas do franquismo

O Concello de Santiago entregou este 25 de xullo, por cuarto ano consecutivo, as...

A USC reconstrúe dixitalmente a ‘Raíña Orante’ do mestre Mateo

Un proxecto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Centro de Investigación...

Santiago vive un multitudinario Día de Galicia entre tradición, política e festa

Como cada 25 de xullo, Santiago de Compostela celebrou o Día Nacional de Galicia...

O arcebispo de Santiago chama a recoñecer a dignidade de toda persoa na Ofrenda ao Apóstolo

O arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, fixo un chamamento este 25 de xullo...

‘Compostella Expeditio’ recrea o Santiago medieval nunha experiencia de realidade virtual

A sede de Afundación en Santiago de Compostela acolle desde este martes 'Compostella Expeditio',...

Controlado o incendio de Brión tras queimar 4 hectáreas

O incendio forestal declarado na tarde do pasado martes no municipio coruñés de Brión...

Santiago converterá as galerías entre Rosalía de Castro e a Rúa Nova de Abaixo nunha galería de arte urbana

As galerías que comunican Rosalía de Castro coa Rúa Nova de Abaixo deixarán de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here