InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOAs non adscritas instan o Goberno de Santiago a aclarar o estado...

As non adscritas instan o Goberno de Santiago a aclarar o estado dos novos pregos de zonas verdes

Mila Castro reclama planificación para garantir a continuidade do servizo de mantemento e a actualización das condicións laborais

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira non adscrita Mila Castro anunciou que o seu grupo formulará unha interpelación ao Goberno local para coñecer o grao de avance na elaboración dos novos pregos do servizo de mantemento, conservación e mellora dos espazos verdes e do arboredo municipal de Santiago de Compostela.

Segundo lembraron as edilas nunha nota remitida aos medios, o contrato actualmente en vigor foi renovado en setembro de 2021 cunha duración de tres anos e dúas posibles prórrogas. Unha vez esgotadas esas opcións, o servizo finalizará o 31 de agosto de 2026, polo que consideran necesario activar con antelación o procedemento para a súa substitución.

Castro cualificou de “imprescindible” que o executivo municipal detalle en que punto se atopa a redacción dos novos pregos e cal é o calendario previsto tanto para a súa aprobación como para a posterior licitación. A edil advertiu de que os atrasos producidos noutras contratacións municipais “obrigan a extremar a planificación para evitar situacións de urxencia que poidan afectar á continuidade do servizo; o mantemento dos parques e zonas verdes e ás condicións laborais do persoal”.

A concelleira tamén solicitou información sobre as posibles modificacións que se incluirán no novo contrato. En concreto, interesouse polas melloras previstas en materia de calidade do servizo, criterios de sustentabilidade ambiental e garantías vinculadas aos dereitos laborais do persoal adscrito á prestación.

No ámbito laboral, Castro fixo referencia á situación do convenio colectivo do sector da xardinaría, que, segundo sinalou, permanece bloqueado tras meses de negociación coa empresa adxudicataria. A este respecto, advertiu de que, no caso de non existir un novo acordo antes do peche dos pregos, “podería elaborarse un estudo económico desaxustado á realidade, sen recoñecer os custos laborais actualizados”.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...