InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOA Xunta advirte a Ames de que a súa depuradora tamén verte...

A Xunta advirte a Ames de que a súa depuradora tamén verte ao Sar mentres investiga a contaminación ligada á Edar da Silvouta

A conselleira Ángeles Vázquez informa o alcalde Blas García de que Augas de Galicia abriu dilixencias para determinar responsabilidades polas verteduras e reclama un plan de continxencia urxente

Publicado o

Xornal de Compostela

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, trasladou ao alcalde de Ames, Blas García, as actuacións emprendidas pola Xunta de Galicia tras detectar a vertedura ao río Sar atribuída ás obras da depuradora da Silvouta, en Santiago. Na súa resposta a unha carta remitida polo rexedor o pasado 17 de outubro, a titular autonómica informou de que Augas de Galicia activou un seguimento exhaustivo da situación mediante inspeccións diarias desde o día 12.

Segundo a conselleira, as inspeccións revelaron que non se estaban a cumprir correctamente os protocolos de posta en marcha da nova Edar, o que provocou que parte das augas residuais fosen vertidas sen tratamento adecuado. A Administración autonómica asegura que, malia os primeiros avisos recibidos hai unha semana, non foi ata este martes cando se activou un proceso físico-químico alternativo para substituír parcialmente o tratamento biolóxico previsto.

Ante esta situación, Augas de Galicia requiriu á promotora da infraestrutura, Acuaes, e ao Concello de Santiago, titular da autorización de vertedura, a elaboración inmediata dun plan de continxencia que garanta o cumprimento da normativa ambiental e evite novos episodios contaminantes. Ademais, abriuse un expediente para determinar responsabilidades e posibles sancións, incluíndo a obriga de restaurar o tramo afectado do Sar.

A conselleira indicou tamén que, en función das conclusións desa investigación, se esixirá ao responsable do episodio contaminante un plan de restauración ambiental supervisado por Augas de Galicia e coordinado cos concellos implicados, entre eles Ames.

No mesmo escrito, Ángeles Vázquez lembrou ao alcalde que Ames e Brión comparten unha depuradora que tamén verte ao Sar, augas abaixo da de Santiago, e que acumula incumprimentos recorrentes nos parámetros de depuración. Por iso, pediu a todas as administracións con competencias nesta materia que adopten medidas para garantir o correcto funcionamento das instalacións, co obxectivo de mellorar conxuntamente a calidade das augas do río Sar.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...

‘Compostella Expeditio’ recrea o Santiago medieval nunha experiencia de realidade virtual

A sede de Afundación en Santiago de Compostela acolle desde este martes 'Compostella Expeditio',...

Controlado o incendio de Brión tras queimar 4 hectáreas

O incendio forestal declarado na tarde do pasado martes no municipio coruñés de Brión...

Santiago converterá as galerías entre Rosalía de Castro e a Rúa Nova de Abaixo nunha galería de arte urbana

As galerías que comunican Rosalía de Castro coa Rúa Nova de Abaixo deixarán de...