InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOSantiago quere rematar coa proliferanción de colonias felinas cunha nova lei que...

Santiago quere rematar coa proliferanción de colonias felinas cunha nova lei que controle as camadas de gatos

Destaca que busca unha "convivencia" en harmonia entre seres humanos e felinos.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago avanza no control das colonias felinas coa aprobación do primeiro Programa de xestión de colonias, que deixa sen efecto un protocolo anterior do 2015. Desta forma, Raxoi busca a súa progresiva diminución ata alcanzar a desaparación das mesmas.

Este protocolo, aprobado este luns na reunión semanal da xunta de goberno local, reforzará o emprego do método CER/CEVR, que consiste na captura, esterilización, vacinación e retorno, que o Concello xa emprega a prol deste obxectivo. Así, esta redución das colonias realizarase con “procedementos que cumpran cos preceptos de benestar animal e saúde pública e onde se manteña unha convivencia respectuosa entre os gatos e os seres humanos”, segundo indicou o concelleiro de Sustentabilidade Ambiental e Dereitos dos Animais, Xesús Domínguez.

O programa permitirá desenvolver os protocolos para cada actuación relacionada coa xestión das colonias: a captura e o traslado; as actuacións veterinarias adecuadas para a esterilización e a vacinación, e o retorno á colonia, mentres se persegue un seguimento, control e alimentación e coidados das mesmas colonias.

Deste xeito, insta á vixilancia de calquera incorporación ás colonias, a avaliación das posibles enfermidades infecciosas que poidan aparecer e o control dos partos. Segundo o edil, Raxoi consta dun censo con máis dun cento de colonias controladas, cuxos datos están actualizados.

ADOPCIÓN E ESTERILIZACIÓN

Por outra banda, todas as medidas contempladas no programa deben ir acompañadas de campañas de fomento de adopción responsable dos animais máis sociables. Nesta liña, o Concello pide á cidadanía a esterilización dos gatos das colonias, como dos domésticos para “evitar que poidan aparecer novas camadas”.
O fin, resume Domínguez, é “conseguir a redución drástica do abandono das camadas de orixe particular“, que sinala como un dos motivos polos que aparecen novos exemplares nas colonias felinas.

COLABORACIÓN ENTRE CONCELLO E CIDADANÍA

Para favorecer a materialización do novo programa, o Concello fomentará a colaboración coas entidades locais e a cidadanía implicada coa protección animal e na xestión das colonias felinas e os gatos comunitarios. “É un traballo compartido, de unión de recursos públicos de responsabilidade municipal e a participación dos voluntarios e as asociacións protectoras que levan a este control e ao coidado de todas estas colonias”, indicou o edil. Así, aumentará a achega económico ao Refuxio de Bando para o seu funcionamento diario e melloras nas súas instalacións.

O Concello tamén actuará sobre as colonias de ámbitos de propiedade particular no caso de que haxa un acordo entre os propietarios da parcela coas asociacións e o voluntarariado encargado.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...