InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOO Concello lanza unha campaña para erradicar unha planta invasora na zona...

O Concello lanza unha campaña para erradicar unha planta invasora na zona do proxecto Ecobosque: a ‘tradescantia’ ou orella de gato

Actualmente esténdese pola zona onde está previsto que se desenvolva o proxecto Ecobosque

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago puxo en marcha unha campaña para a eliminación da ‘tradescantia’, unha planta invasora que se estende pola zona onde está previsto que se desenvolva o proxecto Ecobosque. Trátase dunha especie invasora orixinaria de Sudamérica que, tal e como detallou este luns en rolda de prensa a edil María Rozas, despraza a vexetación autóctona e afecta á diversidade local. Ademais, con esta campaña pretenden mobilizar e implicar ao conxunto da comunidade: organizacións ecoloxistas, centros educativos e veciños que teñan interese en participar nela.

A campaña vaise desenvolver durante esta semana e xa confirmaron a súa participación máis de 600 persoas de diferentes colectivos. Tamén van participar a SD Compostela e o Obradoiro CAB, aos que Rozas agradeceu o seu “traballo e dispoñibilidade” para dar visibilidade a esta acción. O coordinador do equipo de execución do proxecto do Ecobosque, Darío Pérez, explicou que o arrincado debe facerse de maneira manual e progresiva. Así, detallou que non se debe entrar e pisar toda a zona, senón que, a partir dunhas áreas que xa están balizadas, iranse arrincando os brotes con orde.

Posteriormente, sinalou que se fará un tratamento nesa zona e aplicaranse diferentes propostas de “revexetación” para impedir que siga expandíndose esta planta que, insistiu, “ten un potencial invasor moi elevado”. A retirada realizarase todos os días desta semana, ata o sábado, e calquera persoa pode unirse no horario que mellor lle conveña: polas mañás de 10.00 a 13.00 horas; e polas tardes de 15.00 a 18.00 horas. Pódese confirmar a asistencia a través do correo electrónico bosque@santigodecompostela.gal no teléfono 981 54 30 60.

ÚLTIMAS

Saleta Chao toma posesión como concelleira de Facenda de Santiago

Saleta Chao Rivas (BNG) incorpórase dende hoxe á Corporación municipal de Santiago de Compostela...

O pleno aproba unha moción do PP para reforzar o control do servizo de axuda no fogar e mellorar as condicións das traballadoras

O Pleno do Concello aprobou este luns unha proposición presentada polo Partido Popular para...

O PSdeG denuncia que dous alumnos do CEE A Barcia non poden asistir ás clases por falta de transporte adaptado

O secretario xeral do PSdeG en Santiago e deputado autonómico, Aitor Bouza, denunciou este...

As non adscritas apoian a ILP Lingua Vital e levarán ao Pleno de Santiago unha moción para defender o galego

As concelleiras non adscritas do Concello de Santiago formalizaron o seu apoio á Iniciativa Lexislativa...

(VÍDEO) Para historia de terror, a que Compostela ten baixo terra en Boisaca

A historia imaxinada dá paso aos feitos documentados. Segundo os datos recollidos polo proxecto...

Mar Lorenzo é reelixida decana de Ciencias da Educación da USC para os próximos seis anos

A Facultade de Ciencias da Educación da USC continuará baixo a dirección de Mar...

O Ateneo de Santiago reunirá a expertos en educación para analizar os resultados do informe PISA

O Ateneo de Santiago organizará o próximo luns 2 de novembro, ás 19:30, unha...