InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOO Concello pide modificar o trazado da senda entre San Caetano e...

O Concello pide modificar o trazado da senda entre San Caetano e O Milladoiro

Propón desviar a ruta para evitar afeccións no bosque do Banquete de Conxo e áreas patrimoniais sensibles

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago de Compostela solicitou á Xunta de Galicia que se reconsideren os tramos do proxecto da senda peonil e ciclable que conecta San Caetano con O Milladoiro. A principal preocupación do goberno municipal céntrase na afectación ambiental e patrimonial do bosque do Banquete de Conxo, motivo polo que se propoñen alternativas de trazado que minimicen o impacto.

CRÍTICAS AO TRAZADO ACTUAL

En rolda de prensa, os concelleiros Iago Lestegás e María Rozas explicaron as alegacións presentadas durante a fase de exposición pública das modificacións propostas pola Xunta. O executivo local considera que os criterios de seguridade e funcionalidade que sustentan o proxecto están mal ponderados.

Segundo Lestegás, “se non é segura, non pode ser funcional”, en referencia á opción elixida pola Xunta, que desviaría o trazado cara ao aparcadoiro do Hospital Provincial. A modificación, segundo o Concello, mantén un elevado impacto ambiental, afecta o ecosistema de ribeira do río e presenta complicacións como a necesaria intervención no túnel da antiga vía do tren, o que xera dúbidas sobre quen asumiría o mantemento.

Ademais, Rozas advertiu que as obras na contorna do antigo mosteiro de Conxo poderían supoñer a mutilación do muro conventual e a posible aparición de elementos patrimoniais que requirisen protección.

PROPOSTAS DO CONCELLO

O Concello suxire como primeira opción a “alternativa cero”, que consiste en non executar a senda na zona do Banquete de Conxo. Como alternativa subsidiaria, propón o “trazado tres”, que desviaría a senda cara ao Hospital Clínico, seguindo por Televés ata reconectar co trazado orixinal en Suarribas. Segundo o concelleiro de Urbanismo, esta opción presenta pendentes similares ás da alternativa elixida pola Xunta pero reduce a afección ambiental e patrimonial.

Outra das propostas inclúe aproveitar o carril bici existente na rúa Clara Campoamor ao seu paso polas Brañas do Sar, evitando así a duplicación de infraestruturas. Lestegás cuestionou se o proxecto actual responde a criterios de funcionalidade ou simplemente a un carácter recreativo.

O goberno municipal compostelán destaca que o trazado elixido pola Xunta é incompatible co proxecto ‘Ecobosque’, co que Santiago captou fondos europeos para a recuperación das marxes do río e a creación dun espazo de divulgación e encontro. “É unha iniciativa moi agresiva que non se adapta ao espazo natural”, subliñou Rozas, facendo fincapé nos movementos de terras e materiais previstos no proxecto autonómico.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

A nova EDAR da Silvouta avanza na súa posta en marcha coa activación progresiva dos sistemas de tratamento

A nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da Silvouta, en Santiago de Compostela,...

A Semana do Patrimonio Invisible abrirá o Convento do Carme e As Orfas entre máis de 700 prazas en Compostela

Santiago de Compostela volverá abrir durante unha semana algunhas das portas que habitualmente permanecen...

O Concello limpa a Rocha Forte e prepara un contrato plurianual para o mantemento do xacemento

O Concello de Santiago completou este verán unha nova actuación de roza, limpeza e...