InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOAdega e o Concello de Santiago lanzan o proxecto de compostaxe 'Compostela...

Adega e o Concello de Santiago lanzan o proxecto de compostaxe ‘Compostela composta’

A iniciativa de reciclaxe de residuos orgánicos abrangue centros educativos, hostalaría e o sector agrícola

Publicado o

Xornal de Compostela

A organización ecoloxista Adega e o Concello de Santiago presentaron este martes o proxecto ‘Compostela composta, para á terra ou que é dá terra’, unha iniciativa de reciclaxe de residuos orgánicos que aposta pola compostaxe en tres áreas: educación, hostalaría e agrocompostaxe. O acto de presentación tivo lugar no CIFP Lamas de Abade, onde xa se instalaron composteiros para xestionar os restos xerados polos alumnos de cociña, hostalaría e panadaría.

A presentación contou coa presenza de Xesús Domínguez, concelleiro de Medio Ambiente de Santiago, María Amigo, educadora ambiental de Adega, e o director do CIFP, Ramiro Esmorís. A proposta busca fomentar a xestión de residuos desde a orixe, promovendo a recollida selectiva e un tratamento sostible que permita reducir custos e impacto ambiental.

Segundo explicou Domínguez, esta iniciativa axuda a reducir os custos de xestión e transporte de residuos orgánicos no Concello, avanzando cara a unha Compostela “máis sostible e boa de vivir”. O proxecto xa conta con 11 illas de compostaxe comunitaria distribuídas pola cidade e preto de 1.500 colectores individuais que dan servizo a unhas 5.000 persoas.

Para o CIFP Lamas de Abade, o programa supón un avance significativo, dado o volume de residuos orgánicos que se xeran nas súas actividades formativas. Este centro é o primeiro dunha serie de 10 centros educativos aos que se espera estender o programa, co obxectivo de concienciar aos estudantes sobre a importancia do tratamento de residuos.

A idea de Adega e do Concello é que ‘Compostela composta’ continúe a medrar, integrando a compostaxe tamén en comedores universitarios, hospitalarios e escolares, así como no sector agrícola, logrando que máis ámbitos da cidadanía se sumen ao modelo de xestión sostible.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...