InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOCobre San Rafael asegura tras un estudo de monitorización a "alta calidade"...

Cobre San Rafael asegura tras un estudo de monitorización a “alta calidade” das augas do Ulla

Parquistas de Carril e Cobre San Rafael destacan os resultados e avanzan novas medidas para o seguimento das augas na contorna de Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

A última monitorización das augas do río Ulla, realizada pola OPP 89 Parquistas de Carril en colaboración con Cobre San Rafael e a Rede de Estacións Biolóxicas da Universidade de Santiago (REBUSC), confirma a boa calidade das augas na zona. Segundo os resultados, publicados por Cobre San Rafael, os parámetros fisicoquímicos e de composición das augas indican unha calidade moi boa, sen presencia de metais disoltos que superen os niveis de referencia marcados pola lexislación vixente.

Este estudo forma parte dun convenio de colaboración entre Parquistas de Carril e Cobre San Rafael, iniciado en 2022, que busca avaliar a calidade das augas do Ulla e analizar factores ambientais con impacto nas producións marisqueiras. A campaña, desenvolvida pola Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con e a Estación de Bioloxía Mariña da Graña, está financiada pola estratexia de Responsabilidade Social Corporativa de Cobre San Rafael e responde tamén á preocupación dos parquistas por un control rigoroso das augas do Ulla.

O estudo contou, ata agora, con dúas sondas de monitorización preto de Carril e incluirá a instalación dunha terceira nas próximas semanas. Ademais, realizouse unha primeira mostraxe este ano, que abrangueu o tramo de Pontecesures a Carril con medicións en 14 puntos de control. Neles analizáronse factores como os nitratos, fosfatos, metais disoltos e trazas de substancias prioritarias, como cadmio, cobre, mercurio e chumbo, de acordo cos criterios de calidade ambiental para augas superficiais.

Os resultados destacan tres conclusións principais. En primeiro lugar, a calidade fisicoquímica da auga cumpre cos estándares esixidos e reflicte un estado de moi boa calidade. No ámbito microbiolóxico, o estudo detecta sinais de posibles verteduras na confluencia do río Sar co Ulla, un factor que, segundo os responsables, será monitorado periodicamente. Finalmente, o informe recomenda continuar coas campañas de seguimento, engadindo puntos de mostraxe augas arriba de Padrón e nos afluentes para identificar posibles impactos derivados da actividade humana que poidan afectar o ecosistema fluvial.

Este estudo e as súas futuras ampliacións buscan, en palabras de Cobre San Rafael, “canalizar o coñecemento científico en solucións para os problemas reais da industria marisqueira e o medio ambiente local”.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...