InicioECONOMÍATraballadores de limpeza e recollida de residuos protestan polos "reiterados incumprimentos" de...

Traballadores de limpeza e recollida de residuos protestan polos “reiterados incumprimentos” de Urbaser

O comité de empresa da concesionaria denuncia "diferenzas" na aplicación do convenio e unha "excesiva" carga de traballo

Publicado o

Xornal de Compostela

Decenas de traballadores da empresa Urbaser, concesionaria do servizo de limpeza e recollida de residuos en Santiago, concentráronse este mércores na Praza do Obradoiro para protestar polos “reiterados incumprimentos” por parte da compañía, así como pola “carga de traballo” que soportan e as “diferenzas” na aplicación do convenio. Segundo explicou aos medios de comunicación o presidente do comité de empresa de Urbaser, Ricardo Méndez, ten compañeiros que “traballan festivos ou domingos e non os cobran, mentres que outros membros do persoal si”.

Cunha pancarta co lema ‘Urbaser culpable, Concello responsable’, os manifestantes tamén denunciaron fronte ao Concello que levan entre un e dous anos esperando polos novos vestiarios. Respecto desta cuestión, Méndez destacou que esta semana se inaugurou un destes vestiarios en Conxo, ata o que se desprazou unha parte do persoal, pero incidiu en que é unha “mínima parte”.

Nesta liña, detallou que seguen esperando que fagan os da rúa Arzúa, xa que os traballadores están a cambiarse nunhas condicións “apertadas” que lles obriga a adiantar quendas para que “cambien por separado os homes e as mulleres”. Ademais, advertiu de que estas circunstancias xeran na traballadoras “tensión diaria” e unha situación laboral “complicada”. Outra das reivindicacións que marcaron a concentración foi a denuncia por parte dos traballadores da carga de traballo á que ven sometidos. Ricardo Méndez indicou que a empresa decidiu variar a cantidade de persoas que traballan en cada ruta.

Segundo explicou, nos recolectores de carga traseira pasaron de dous peóns a un só, mentres que nos de carga lateral había un peón e agora “gran parte deles vai sen ningún”. Por tanto, a persoa que agora traballa soa “sofre unha carga de traballo a maiores” e o feito de que os camións vaian sen os compañeiros que se dedicaban a recoller desbordes de lixo, xera que esta se acumule e teña que ser colleitada de forma manual. Nesta liña, subliñou que no varrido manual tamén hai unha carga “excesiva” de traballo, porque se antes ía unha brigada de tres ou catro persoas, agora sae unha soa e ten que percorrer “grandes distancias cun carriño”.

CONVERSACIÓNS COA EMPRESA

Pola súa banda, Ricardo Méndez apuntou que os traballadores carecen de “moita” información por parte da empresa. Sinalou que fan cursos e non os avisan ou que solicitan información, así como avaliación de riscos e “tardan meses ou mesmo anos” en darlles os resultados. Deste xeito, matizou que aínda que mantiveron algunha reunión, as actuacións por parte da empresa son nulas.

Con todo, asegurou que coa mobilización deste mércores buscan dar un “toque de atención” de que o persoal está unido e para demostrar que “non existen amiguismos entre o comité e o concello”. Ademais, incidiu en que este é o “punto de partida” porque lles espera un “camiño longo” se as cousas “non cambian”.

ÚLTIMAS

Rosa Crujeiras, Proxecto Vagalume e o Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, galardoados coas ‘Meninas’ 2026

A reitora da USC, Rosa María Crujeiras; a excongresista Carmen Marón; a presidenta da...

A CNT acusa o PP de Santiago de intentar provocar incidentes durante unha manifestación pola vivenda

A CNT de Compostela respondeu ás acusacións do Partido Popular de Santiago polos incidentes...

O PP de Santiago denuncia “insultos” de manifestantes da CNT durante unha actividade informativa en Carreira do Conde

O Partido Popular de Santiago denunciou este venres un incidente con participantes nunha manifestación...

A CIG denuncia ante a Inspección de Traballo deficiencias de seguridade no laboratorio do Hospital Clínico de Santiago

A CIG-Saúde presentou unha denuncia ante a Inspección de Traballo pola situación do Laboratorio...

Rosa Crujeiras, Proxecto Vagalume e o Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, galardoados coas ‘Meninas’ 2026

A reitora da USC, Rosa María Crujeiras; a excongresista Carmen Marón; a presidenta da...

Un veciño de Santiago asegura que tivo que mudar de casa tras anos de acoso homófobo por parte dun matrimonio

A Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, xulgou este venres un matrimonio...

O Ateneo de Santiago abordará os desafíos da intelixencia artificial para comprender o comportamento humano

O Ateneo de Santiago acollerá o próximo luns, 9 de novembro, ás 19:30, unha...