InicioECONOMÍASantiago fará un estudo sobre necesidades de reparto no centro histórico para...

Santiago fará un estudo sobre necesidades de reparto no centro histórico para a futura plataforma loxística

O proxecto arrincará cos negocios hostaleiros do sector Horeca, "para posteriormente poder estenderse a máis sectores"

Publicado o

Xornal de Compostela

Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras (Uninova), entidade participada maioritariamente polo Concello de Santiagosacou a licitación pública, por importe de 108.000 euros, a asistencia técnica para a recompilación e análise de datos de cara á posta en marcha da futura plataforma loxística de distribución de mercadorías no centro histórico de Santiago, un estudo no que se inclúa análise de demandas e necesidades.

De tal forma, con este contrato crearase un gabinete técnico (no marco do Plan de Recuperación e con fondos europeos Next Generation) para a prestación de servizos necesarios a incluír na plataforma loxística que se proxecta no polígono do Trambre. Segundo explica a xustificación do proxecto, a actuación “procurará a optimización da repartición de mercadorías no centro histórico” coa creación dun centro de consolidación de mercadorías e a repartición do mesmo. Para isto, construirase unha plataforma loxística de distribución que centralizará esa repartición na zona monumental.

En concreto, o proxecto arrincará cos negocios hostaleiros do sector Horeca, “para posteriormente poder estenderse a máis sectores”. Os traballos a realizar serán os seguintes: análise da demanda, clarificación de ‘target‘ da plataforma, fluxos a atender, modelo de captación, volumes a transportar e posible evolución temporal e tipolóxica. Así, observarase a mobilidade de estimación dos desprazamentos xerados, rutas optimizadas, tipoloxía de vehículos con impactos de tráficos.

A repartición na zona monumental carrexa problemas para os veciños desde hai anos en Compostela, con decenas de camións e furgonetas que discorren por patrimonio da humanidade entre traseúntes e turistas nas mañás de xornadas laborais en diferentes zonas do centro histórico, con varios puntos negros como a Praza do Toural ou a praza de abastos. Precisamente, a pasada semana, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, apuntou a esta plataforma loxística que se construirá no polígono do Tambre como unha das cuestións nas que se vai a traballar “de maneira moi intensa”, coa intención de que o orbital chegue tamén ata este nodo.

ÚLTIMAS

O PP acusa o Goberno central de chegar tarde á preparación do Xacobeo 2027 e reclama máis investimentos para Santiago

O Partido Popular realizou este venres un balance da colaboración do Goberno de España...

Santiago licita por 14,5 millóns o Servizo de Axuda no Fogar e eleva ata 270.000 as horas anuais

A Xunta de Goberno de Santiago deu luz verde ao inicio do procedemento para...

Ames licita por case 3,3 millóns a construción do mercado municipal de Bertamiráns

Ames avanza na posta en marcha do seu futuro mercado municipal. A Xunta de...

Santiago licita por 14,5 millóns o Servizo de Axuda no Fogar e eleva ata 270.000 as horas anuais

A Xunta de Goberno de Santiago deu luz verde ao inicio do procedemento para...

Compostela lembrará a Ánxel Casal e a Camilo Díaz Valiño no 90 aniversario dos seus asasinatos

O Concello de Santiago conmemorará o vindeiro mércores 19 de agosto o 90 aniversario...

COGAMI abrirá en Santiago un novo curso gratuíto de formación administrativa para persoas desempregadas

COGAMI prepara en Santiago de Compostela unha nova acción formativa gratuíta dirixida a persoas...