InicioECONOMÍAAmpliar chan industrial e mellora do transporte, puntos de encontro entre o...

Ampliar chan industrial e mellora do transporte, puntos de encontro entre o Concello e a patronal

A alcaldesa da capital galega fixa a finalización do Orbital, o nodo loxístico e a estación de mercadorías como elementos crave

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibiu este martes no Pazo de Raxoi ao presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, nun encontro no que trataron as necesidades da capital galega, entre as que ambos destacaron a diversificación económica, a ampliación de chan industrial ou a mellora de infraestruturas e do transporte aos polígonos da cidade.

En declaracións aos medios despois da reunión, a rexedora detallou que tamén falaron da “oportunidade” de facer en Santiago un nodo loxístico de mercadorías, de modo que a plataforma loxística “poida ter a súa ampliación” nese nodo. Así mesmo, destacou a posibilidade de continuar con infraestruturas “importantes” para Santiago. Neste sentido, mencionou o Orbital, do que dixo que están pendentes do final do proxecto do Orbitaliño para “poder solicitar a ampliación do Orbital cara ao norte”, así como a estación de mercadorías.

En canto á ampliación do Orbital, Sanmartín afirmou que non van pór ” prazos”, pero insistiu na importancia de “que se vaia desenvolvendo á vez que o nodo loxístico de mercadorías” e conseguir que “se vaia pondo na axenda das infraestruturas a estación de mercadorías”. “Finalizar o Orbital, nodo loxístico e estación de mercadorías. Eses son os tres elementos nos que imos traballar de maneira moi intensa e temos o compromiso de que se vai a apoiar isto desde a perspectiva do Estado e cremos que o sector estará contento”, aseverou a alcaldesa, que estivo acompañado do edil de Facenda, Manuel César Vila, e da tenente de alcaldesa, María Rozas.

“CIDADE INDUSTRIAL”

Pola súa banda, o presidente da CEG, que cualificou como “moi positiva” esta reunión, destacou que as infraestruturas son “fundamentais” para o desenvolvemento empresarial e para instalar novas actividades de sectores estratéxicos nos que Santiago “pode ser un punto de referencia” como, exemplificou, “a biotecnoloxía”, algo que tamén subliñou Goretti Sanmartín.

Ademais, Juan Manuel Vieites fixo fincapé en que a capital galega pode ser “unha cidade industrial” e, aínda que recoñeceu que queda “camiño por percorrer”, en canto se poñan “as primeiras cousas en funcionamento” poderase seguir “ese camiño para ter un tecido industrial cada vez mellor e unha diversificación económica fundamental para a cidade”.

Segundo especificou Vieites, a industrialización en Santiago “non chega ao 7 ou 8 %”, cando o obxectivo da Unión Europea era “chegar ao 20 % en 2020”. “Queda moito camiño, e en Galicia tamén. Está a traballarse tamén coa Xunta nese ámbito e esperemos que podamos chegar ao 20 %”, sinalou antes de expor que tamén se deben facer “plans industriais adecuados á necesidade do territorio”.

MOBILIDADE

En relación coa mobilidade, Goretti Sanmartín manifestou que tamén comentaron “a necesidade de mellorar o transporte” en cuestións que, engadiu, “xa están incluídas no novo contrato de transportes”, como a ampliación da Liña 1 ou mellorar as frecuencias e horarios. Neste sentido, o presidente dos empresarios afirmou que o Goberno local “xa está a traballar nunha licitación” que espera que sexa “áxil” e que “pronto se poida resolver”.

“Creo que a alcaldesa e os concelleiros están no mesmo camiño para chegar a cada vez unha economía máis diversificada en Santiago, non só de turismo, senón tamén de industria. Agora mesmo está practicamente esgotado o chan industrial, pero hai que incrementalo, para iso estamos aquí”, relatou Vieites.

ÚLTIMAS

A USC actualiza o regulamento de asistencia a clase e aborda a planificación académica

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela reuniuse este luns no Salón...

O Concello de Ames pide axuda veciñal para detectar pozos en mal estado

O Concello de Ames iniciou unha campaña de colaboración veciñal para localizar e rexistrar...

Santiago, sétimo concello de España que máis aumenta a renda entre 2019 e 2020

A Coruña, Santiago e Lugo están entre os 10 municipios de máis de 50.000 habitantes...

Recepción da USC aos estudantes que participan nos programas de cooperación internacional

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, encabezou este martes...

A USC actualiza o regulamento de asistencia a clase e aborda a planificación académica

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela reuniuse este luns no Salón...

Santiago, sétimo concello de España que máis aumenta a renda entre 2019 e 2020

A Coruña, Santiago e Lugo están entre os 10 municipios de máis de 50.000 habitantes...

Recepción da USC aos estudantes que participan nos programas de cooperación internacional

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, encabezou este martes...