InicioECONOMÍAO Concello presenta a FERUSA investimentos de máis de 1,2 millóns no...

O Concello presenta a FERUSA investimentos de máis de 1,2 millóns no rural e inicia a ampliación da rede de abastecemento en Marantes

O Goberno local detalla actuacións para 2026 e anuncia unha obra de máis de 800.000 euros que conectará preto de 70 vivendas en Marantes

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, presidiu unha reunión coa Federación de Asociacións de Rural de Santiago co obxectivo de trasladar os proxectos que o Concello prevé executar no rural compostelán ao longo do presente exercicio. No encontro participaron tamén a concelleira de Medio Rural, Pilar Lueiro, e o edil de Obras e Servizos Básicos, Xesús Domínguez.

Durante a xuntanza, o executivo municipal informou dos investimentos previstos para o ano 2026, que superan os 1,2 millóns de euros, aos que se suman outras intervencións actualmente en marcha nas distintas parroquias. Ademais da planificación económica, recolléronse achegas das asociacións veciñais relativas ás tarefas de mantemento ordinario previstas para a primavera e o verán, especialmente no referido a camiños, espazos públicos e servizos básicos.

Segundo trasladou o Goberno local, estas actuacións enmárcanse no cumprimento do Pacto polo Rural, co que o Concello reafirma a súa intención de reforzar a dotación de servizos nas parroquias. Entre as liñas de traballo salientadas figuran o incremento da oferta de actividades nos centros socioculturais, a mellora dos espazos das escolas infantís municipais e o impulso ao servizo de comedor para a poboación infantil do rural.

AMPLIACIÓN DA REDE DE ABASTECEMENTO EN MARANTES

No marco desta planificación, esta semana a concelleira de Medio Rural desprazouse á parroquia de Marantes para informar do inicio dunha das actuacións de maior contía. A reunión celebrouse o xoves 19 de febreiro ás 20:00 no local social da parroquia, coa presenza de persoal técnico municipal.

A intervención consistirá na ampliación de case catro quilómetros da rede de abastecemento de auga, o que permitirá conectar arredor de 70 vivendas, ademais de varias parcelas urbanizables. O orzamento supera os 800.000 euros e o prazo estimado de execución é de catro meses, co comezo das obras previsto nas próximas semanas.

Durante o encontro, Pilar Lueiro sinalou que “estamos perante unha das obras máis importantes do rural de Compostela destes anos cun importante orzamento”, en referencia á dimensión económica e ao alcance territorial do proxecto.

NOVO INVESTIMENTO EN CORTOS

A actuación en Marantes completarase con outra obra prevista na mesma parroquia: a construción dunha senda peonil no lugar de Cortos. Con esta intervención, o investimento total comprometido en Marantes ao longo de 2026 superará o millón de euros, segundo os datos trasladados polo executivo municipal.

O Concello sostén que estas actuacións buscan mellorar as infraestruturas e garantir a prestación de servizos básicos nas parroquias, nun contexto de reforzo das políticas específicas para o medio rural compostelán.

ÚLTIMAS

Santiago inicia a avaliación das propostas para transformar o Conector Central da cidade

A sala de usos múltiples da á sur do Museo do Pobo Galego acolleu...

Mercedes Rosón propón activar a Comisión do Xacobeo 2027 e crear un órgano municipal para planificar o Ano Santo

A concelleira non adscrita Mercedes Rosón levará ao vindeiro pleno municipal unha proposición para...

A XLIII Festa da Filloa de Lestedo reunirá este domingo autoridades e Xenerais da Ulla no seu día grande

A parroquia de Lestedo, no concello de Boqueixón, acollerá este domingo 22 de febreiro...

Maite Flores aposta por unha USC “de fronteira e aberta” na segunda volta

A catedrática en Óptica e candidata a reitora da Universidade de Santiago de Compostela,...

O Concello aproba o proxecto de orzamentos de 2026 que supera os 148 millóns de euros

O Concello de Santiago aprobou na xunta de goberno o proxecto de orzamentos para...

A campaña ’12 Comercios, 12 Sensibilidades’ impulsa en Santiago a colaboración entre tendas e entidades sociais

A terceira edición da campaña '12 Comercios, 12 Sensibilidades' xa está en marcha en...

O Concello pide o arquivo da sanción de 300.000 euros por verteduras ao río Sar e atribúe a responsabilidade a Acuaes

O Concello de Santiago solicitou o arquivo do expediente sancionador incoado por Augas de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here