InicioECONOMÍAA Deputación da Coruña licita por 1,1 millóns a compra dun inmoble...

A Deputación da Coruña licita por 1,1 millóns a compra dun inmoble para abrir nova sede en Santiago

O edificio albergará servizos tributarios, espazos de coworking e instalacións para actividade formativa e cultural na capital galega

Publicado o

Xornal de Compostela

A Deputación da Coruña sacou a licitación por 1.125.300 euros a adquisición dun inmoble co obxectivo de habilitar unha nova sede institucional en Santiago de Compostela. O futuro espazo, segundo informou o organismo provincial, contará cunha oficina tributaria, zonas de coworking, un auditorio e unha aula de formación.

A iniciativa pretende reforzar a presenza da administración provincial na capital galega e ampliar a carteira de servizos dispoñibles para a veciñanza e o tecido económico da comarca compostelá. O presidente da institución, Valentín González Formoso, sinalou que esta nova infraestrutura permitirá “achegar a Deputación á cidadanía, ofrecer servizos útiles e crear espazos abertos á actividade económica, social e cultural”.

Segundo as previsións trasladadas pola Deputación, o edificio funcionará como punto de atención tributaria, ao tempo que ofrecerá espazos para iniciativas emprendedoras e actividades formativas. A incorporación dun auditorio permitirá tamén acoller actos institucionais e eventos vinculados á programación económica e social impulsada pola entidade provincial.

ÚLTIMAS

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca unha manifestación pola atención á diversidade

Representantes das organizacións que forman parte da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público...

O muro do antigo cemiterio de Bonaval derrúbase por acumulación de auga no terreo superior

Un treito do muro do antigo cemiterio de Bonaval, en Santiago de Compostela, veu...

A Policía Nacional instala unha carpa informativa exterior tras o incendio na comisaría

A Policía Nacional habilitará unha carpa no exterior da comisaría de Santiago de Compostela...

Augas de Galicia sanciona ao Concello de Santiago pola antiga depuradora de Sar

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, informou este venres da resolución emitida por Augas...

Augas de Galicia sanciona ao Concello de Santiago pola antiga depuradora de Sar

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, informou este venres da resolución emitida por Augas...

Santiago estuda suspender licenzas de hospedaxe en edificios residenciais para evitar a súa transformación en apartamentos turísticos

O concelleiro de Urbanismo e Vivenda de Santiago, Iago Lestegás, explicou esta mañá en...

O aeroporto de Santiago perde un 29% de pasaxeiros en xaneiro tras rexistrar 133.079 usuarios

O Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro pechou o mes de xaneiro con 133.079 pasaxeiros,...