InicioSOCIEDADEA Xunta inviste case 700.000 euros na renovación da cuberta do IES...

A Xunta inviste case 700.000 euros na renovación da cuberta do IES Rosalía de Castro

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, presenta o proxecto para o centro compostelán dentro dun plan de 16 obras que mobilizará máis de 16 millóns de euros neste inicio de 2026.

Publicado o

Xornal de Compostela

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, presentou este sábado o proxecto para o cambio de cuberta do IES Plurilingüe Rosalía de Castro, en Santiago de Compostela. A intervención conta cun orzamento de case 700.000 euros e xa se atopa en fase de licitación, cun prazo de execución estimado en catro meses unha vez se inicien os traballos sobre o terreo. Segundo explicou Rodríguez, esta obra forma parte dun primeiro paquete de 16 actuacións prioritarias que a Consellería desenvolverá ao longo deste ano cun investimento global de 16 millóns de euros.

O titular de Educación salientou que os Orzamentos de 2026 destinan unha partida total de 73,6 millóns de euros para obras en centros educativos, o que supón un incremento do 4% respecto ao exercicio anterior. Dentro destas primeiras intervencións do ano na capital galega, tamén se inclúe a ampliación do IES Lamas de Abade, licitada a pasada semana por un importe de 1,4 millóns de euros. Estas actuacións forman parte do Plan de nova arquitectura pedagóxica, que eleva a máis de 12 millóns de euros o investimento total da Xunta en melloras nos centros de ensino de Santiago.

Neste momento, a cidade de Santiago conta con outras seis actuacións en marcha que suman máis de 7,7 millóns de euros. Entre elas destacan a ampliación do IES Eduardo Pondal (3 millóns), a rehabilitación integral do IES Arcebispo Xelmírez II (1,8 millóns), a reforma do Museo Pedagóxico de Galicia (500.000 euros) e o cambio de cuberta do IES A Pontepedriña (306.000 euros). O conselleiro lembrou que estas obras buscan modernizar as infraestruturas para adaptalas ás novas necesidades educativas.

No caso concreto do IES Rosalía de Castro, Román Rodríguez subliñou que a intervención será “completamente respectuosa” co edificio histórico. A nova cuberta, que ocupa unha superficie de 3.288 metros cadrados, irá atornillada á estrutura de madeira orixinal, que será reparada nos puntos onde sexa preciso, e rematada con tella curva. O proxecto tamén inclúe a instalación de novos canlóns e baixantes en todo o tellado, o cambio de catro xanelas tipo velux nos faldóns interiores do claustro e diversas tarefas de limpeza e impermeabilización.

ÚLTIMAS

Os CEIP e escolas unitarias de Santiago abren o curso con 4.299 escolares

O curso escolar comezou este mércores en Santiago con 4.299 nenos e nenas matriculados...

A USC dá por controlada a situación no San Clemente e agarda unha avaliación técnica para decidir as obras

A Universidade de Santiago de Compostela considera controlada a situación no Colexio Maior San Clemente...

Sanmartín evita entrar nas críticas de Pedro Blanco e pídelle que facilite a chegada directa de fondos de vivenda a Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, evitou este mércores entrar nun intercambio de declaracións...

A USC asegura o Colexio Maior San Clemente tras desprenderse parte da cornixa e da cuberta

A Universidade de Santiago de Compostela iniciou actuacións de urxencia no Colexio Maior San Clemente,...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...