InicioECONOMÍAA alcaldesa avanza a proposta dos orzamentos municipais de 2026 e abre...

A alcaldesa avanza a proposta dos orzamentos municipais de 2026 e abre negociacións co PSOE e as concelleiras non adscritas

O Goberno local de BNG e Compostela Aberta confirma reunións nos próximos días para procurar os apoios necesarios que permitan aprobar as contas do vindeiro exercicio

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, avanzou este mércores que o Goberno local xa ten elaborada unha proposta de orzamentos municipais para 2026, que será a base das negociacións políticas necesarias para a súa aprobación. O executivo, conformado por BNG e Compostela Aberta, precisa do respaldo do PSOE e das concelleiras non adscritas para sacar adiante as contas no pleno.

Segundo explicou a rexedora durante unha rolda de prensa, o Executivo municipal xa trasladou un resumo do contido da proposta tanto ao grupo socialista como ás edís non adscritas. “O que fixemos foi trasladarlle o resumo das cuestións que aparecen aí tanto ao Partido Socialista como ao grupo de concelleiras non adscritas e o que faremos será ter, nos próximos días, reunións para tentar chegar a un acordo sobre esa proposta orzamentaria”, sinalou.

A alcaldesa confirmou que as reunións de negociación están xa programadas, aínda que evitou concretar datas co obxectivo de preservar a discreción do proceso. “Unha vez teñámolas e que falemos, faremos público cal é máis ou menos o parecer”, indicou, en referencia aos resultados deses encontros.

O actual Goberno local atópase en minoría, polo que necesita sumar os votos dos dous edís do PSOE e das catro concelleiras non adscritas, que foron expulsadas do grupo socialista no primeiro semestre de 2025. Estes apoios xa resultaron determinantes no inicio do mandato para facilitar a investidura do actual Executivo, sen formar parte del.

Sanmartín mostrouse optimista ante a posibilidade de volver aprobar unhas novas contas municipais e lembrou os precedentes dos últimos exercicios. “Díxose moitas veces que un goberno en minoría non tiña posibilidade de ter orzamentos e tivémolos nunha primeira e segunda ocasión. A nosa intención é volver telos”, afirmou, apuntando á continuidade da liña de traballo seguida nos dous últimos anos.

ÚLTIMAS

Publicada no BOE a declaración de Santiago como zona de vivenda tensionada, que entra en vigor o xoves

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou a declaración de zona de mercado residencial...

Comeza unha nova etapa de mobilidade en Compostela: ábrese o prazo para adxudicar 29 novas licenzas de taxi

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou este luns as bases reguladoras...

‘A Santa’ de Asorey regresará a Galicia cen anos despois da súa creación

A Xunta de Galicia trasladará desde Uruguai a escultura 'A Santa', unha das obras...

Luz verde a máis de 1 millón de euros para actuacións en concellos do Camiño Francés

O Goberno galego aprobou este luns un acordo que autoriza a firma dun novo...

A USC lanza un plan para aliviar a presión da vivenda universitaria en Santiago e Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela presentou este venres o seu novo Plan Social...

Dúas gasolineiras en Santiago entre as máis baratas na AP-9 en período vacacional xunto a outra de Ferrol

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) realizou un estudo sobre as gasolineiras máis...

Persoal do transporte de mercadorías reclama un “convenio provincial digno” en Santiago

Persoal do transporte de mercadorías por estrada, convocado polos sindicatos CCOO, CIG e UGT,...