InicioECONOMÍASantiago convoca o sector turístico para explicar a autoliquidación da taxa turística...

Santiago convoca o sector turístico para explicar a autoliquidación da taxa turística este luns

A concelleira Míriam Louzao informará sobre os trámites administrativos para o primeiro período de recadación, que se estenderá do 1 ao 20 de xaneiro.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago convocou para este luns, 22 de decembro, unha reunión informativa cos aloxamentos da cidade para tratar a presentación da autoliquidación e o ingreso da recarga do imposto autonómico sobre estancias turísticas. Segundo trasladou a concelleira de Turismo, Míriam Louzao, o encontro servirá para explicar o trámite administrativo necesario para realizar as autoliquidaciones do primeiro período de recadación. A cita terá lugar ás 17:00 horas no Edificio Cersia.

A ordenanza fiscal que regula esta recarga municipal foi aprobada en pleno o pasado xullo e entrou en vigor o un de outubro. Neste sentido, Louzao lembrou que o primeiro período para realizar estas autoliquidacións comprenderá desde o un ata o 20 de xaneiro de 2026.

A reunión do luns ten como obxectivo explicar de xeito práctico o procedemento que os establecementos deberán seguir a través da Sede Electrónica do Concello. Esta iniciativa enmárcase, segundo a concellería, no proceso de contraste e diálogo constante que se está a manter co sector turístico durante todo o proceso de implantación do imposto ás estancias turísticas.

ÚLTIMAS

Santiago avanza na prohibición das tendas de recordos no casco histórico e permitirá novas residencias universitarias

O Concello de Santiago de Compostela deu un novo paso na reforma das normas...

Falece en Santiago o escritor e investigador Xaquín del Valle-Inclán aos 73 anos

O escritor, profesor e investigador Xaquín María del Valle-Inclán Alsina faleceu este luns, 9...

Santa Marta pide aos socialistas mellorar os accesos ao Clínico ante a ampliación do hospital

A ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) centrou boa parte da reunión...

Goretti Sanmartín fará folga o 11 de novembro e suspenderá a súa axenda pública como alcaldesa de Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, confirmou que secundará a folga convocada para o...

Santiago aproba a reforma da rúa de Mallou por 1,3 millóns e avanza na regulación do comercio da Cidade Histórica

A Xunta de Goberno local aprobou este luns unha serie de acordos relacionados coa...

Goretti Sanmartín celebra que a Xunta acepte construír 123 vivendas públicas de alugueiro nunha parcela municipal de Santiago

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, valorou este xoves como unha noticia...

O VIII Congreso Internacional Aeroespacial reúne en Santiago a máis de 200 representantes do sector

O VIII Congreso Internacional Aeroespacial (CIAG) reuniu no Palacio de Congresos de Santiago de...