InicioECONOMÍALavacolla concentra máis pasaxeiros pero mantén a caída de tráfico en novembro

Lavacolla concentra máis pasaxeiros pero mantén a caída de tráfico en novembro

O aeroporto de Santiago rexistra un descenso interanual do 33,1 % no último mes, malia seguir liderando o volume de viaxeiros e operacións en Galicia

Publicado o

Xornal de Compostela

O aeroporto Rosalía de Castro de Santiago volveu encabezar en novembro o tráfico aéreo en Galicia en número de pasaxeiros e de operacións, aínda que mantivo a tendencia descendente rexistrada ao longo do ano. Segundo os datos feitos públicos por AENA, a terminal compostelá contabilizou 157.855 viaxeiros, o que supón un 33,1 % menos que no mesmo mes do ano anterior.

Durante ese mes operáronse en Santiago 1.268 voos, dos que 1.167 foron comerciais. A maior parte destas conexións corresponderon a destinos estatais, con 973 voos nacionais, mentres que se rexistraron 194 operacións internacionais. A pesar do retroceso, Lavacolla mantense como a infraestrutura aeroportuaria galega con maior actividade.

No acumulado do que vai de 2025, o aeroporto de Santiago suma 1,94 millóns de pasaxeiros, cun descenso do 13,4 %, e 23.394 voos operados, un 6,9 % menos que no mesmo período do ano pasado. Estes datos contrastan coa evolución positiva das outras dúas terminais galegas, que pecharon novembro con incrementos tanto en tráfico de pasaxeiros como en número de operacións.

No conxunto de Galicia, os tres aeroportos rexistraron en novembro 361.989 viaxeiros e 3.529 voos, mentres que no acumulado anual o sistema aeroportuario galego supera xa os 5 millóns de pasaxeiros e rolda as 50.000 operacións. O crecemento das terminais da Coruña e Vigo contribúe a soster estas cifras globais, aínda que o peso de Santiago continúa a ser determinante.

O aeroporto de Alvedro, na Coruña, pechou novembro con 108.080 pasaxeiros, un 8,3 % máis, no que foi o mellor mes de novembro da súa historia. Pola súa banda, Peinador, en Vigo, acadou os 96.054 viaxeiros, cun incremento do 9,9 %. Ambos aeroportos tamén melloraron os seus rexistros no acumulado anual, consolidando unha evolución á alza fronte á perda de tráfico da terminal compostelá.

ÚLTIMAS

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

Falece o exconcelleiro socialista Carlos Nieves mentres se bañaba nunha praia do Grove

Carlos Nieves, concelleiro socialista do Concello de Santiago desde 1987 ata 2011, con algunhas...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

O PP reúne nove medidas para as familias que incorporará ao seu proxecto para Santiago

O Partido Popular de Santiago reuniu, coincidindo co inicio do curso escolar, nove propostas...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...