InicioECONOMÍAO Concello convoca ás asociacións veciñais da cidade histórica para explicar a...

O Concello convoca ás asociacións veciñais da cidade histórica para explicar a modificación do Plan especial

O encontro, previsto para o 10 de novembro, servirá para aclarar dúbidas sobre a nova regulación de usos do Plan especial de protección e rehabilitación (PE-1), que busca reforzar o uso residencial e protexer o comercio de proximidade

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago convocou para o 10 de novembro unha reunión coa decena de asociacións veciñais da cidade histórica co obxectivo de explicarlles os detalles da modificación puntual da regulación de usos do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1). O encontro contará coa participación do concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, e de persoal técnico municipal, que ofrecerán unha exposición sobre os cambios introducidos e atenderán as cuestións que poidan formular as directivas das entidades veciñais.

A Concellería de Urbanismo remitiu xa unha comunicación oficial a todas as persoas titulares de inmobles situados no ámbito do PE-1, informando da aprobación inicial da modificación e do correspondente período de exposición pública. Segundo o goberno local, esta xuntanza forma parte dunha liña de interlocución directa coa veciñanza para garantir a transparencia e o diálogo arredor das actuacións urbanísticas.

A reforma aprobada inicialmente no mes de xuño ten como finalidade reforzar o uso residencial tradicional da cidade histórica e protexer o comercio de proximidade, ao tempo que busca equilibrar os usos orientados a residentes e turistas. Tamén facilita a implantación de novos usos dinamizadores e introduce axustes nas condicións de agrupación e división de vivendas, co fin de adaptar o parque residencial ás necesidades actuais dos fogares.

O Concello destaca que esta modificación converte Santiago nun municipio “pioneiro” na defensa do comercio local dentro dun plan urbanístico de protección patrimonial. A documentación completa, incluída a información xeorreferenciada, pode consultarse no Xeoportal municipal (Xeoportal > Urbanismo > Modificación PE1 en trámite), ademais de en formato físico na sede da Concellería de Urbanismo (Casas Reais, 8).

Esta reunión enmárcase na mesma dinámica de participación que levou recentemente á alcaldesa Goretti Sanmartín e aos concelleiros de Urbanismo, Iago Lestegás, de Vías e Obras, Xesús Domínguez, e de Rural e Relacións Veciñais, Pilar Lueiro, a manter un encontro coa veciñanza da Sabugueira para explicar o avance do Plan especial director de ordenación e rehabilitación do Camiño Francés (PE-3).

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

A USC lanza un plan para aliviar a presión da vivenda universitaria en Santiago e Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela presentou este venres o seu novo Plan Social...

Dúas gasolineiras en Santiago entre as máis baratas na AP-9 en período vacacional xunto a outra de Ferrol

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) realizou un estudo sobre as gasolineiras máis...

Persoal do transporte de mercadorías reclama un “convenio provincial digno” en Santiago

Persoal do transporte de mercadorías por estrada, convocado polos sindicatos CCOO, CIG e UGT,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here