InicioECONOMÍAPablo Fernández destaca o labor da Cámara de Comercio na promoción do...

Pablo Fernández destaca o labor da Cámara de Comercio na promoción do emprendemento

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais visitou o viveiro empresarial, recoñecido a nivel estatal, e apostou por reforzar a cooperación institucional

Publicado o

Xornal de Compostela

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, visitou este martes o viveiro empresarial da Cámara de Comercio de Santiago para coñecer as iniciativas que a entidade leva a cabo no fomento do emprendemento. Durante a súa intervención, subliñou que a promoción de novos proxectos empresariais encaixa coa estratexia da Xunta para consolidar un modelo de emprendemento ligado ao territorio, apoiado a través da Rede de polos de emprendemento, con 15 oficinas en Galicia que xa atenderon máis de 4.700 proxectos.

A secretaria xeral da Cámara, Rosa Cardeso, puxo en valor o traballo realizado pola institución compostelá, con especial referencia aos seus espazos de incubación e aceleración de proxectos, como o Biopolo da Sionlla, o Coworking Dixital Compostela ou o propio Viveiro de Empresas, que figura no top 3 do ranking estatal elaborado pola Fundación das Caixas de Aforros (Funcas). Recordou que só no último ano a Cámara atendeu preto de 500 solicitudes de asesoramento, das que xurdiron máis de 150 novas empresas.

Cardeso incidiu tamén na importancia de manter unha colaboración estreita coa Secretaría Xeral de Emprego para impulsar novos programas que reforcen a cultura emprendedora e consoliden o tecido empresarial existente.

Pola súa parte, Fernández lembrou que Galicia foi recoñecida como Rexión Emprendedora Europea 2025 e destacou que este ano o Goberno galego destina 32 millóns de euros a reforzar o ecosistema emprendedor. Neste sentido, salientou a necesidade de aproveitar o talento interno e de favorecer o retorno dos galegos e galegas do exterior que desexen desenvolver os seus proxectos de negocio na comunidade.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here