InicioECONOMÍAO Concello mobiliza case un millón de euros co programa 'Bonos Corazón'...

O Concello mobiliza case un millón de euros co programa ‘Bonos Corazón’ na súa primeira campaña do ano

A área de Comercio anuncia unha nova edición en outubro con outros 300.000 euros para incentivar o consumo nos establecementos locais

Publicado o

Xornal de Compostela

A primeira quenda de 2025 dos Bonos Corazón, impulsada polo Concello de Santiago, pechouse esta semana cun balance de case un millón de euros en vendas mobilizadas nos establecementos da cidade. A campaña contou cunha achega pública de 300.000 euros e acadou un total de 984.232,96 euros en vendas, segundo os datos facilitados pola concelleira de Promoción Económica, María Rozas.

A maior parte do consumo rexistrouse no sector comercial, onde se gastaron 924.584,54 euros, fronte aos 59.648,42 euros contabilizados na hostalería. En total, 15.000 bonos foron descargados, dos cales case 13.200 foron utilizados: 13.167 no comercio e 1.638 na hostalería.

Rozas salientou a ampla participación do tecido económico local: “541 establecementos adheríronse a esta primeira campaña do ano”, indicou, destacando que se trata dunha medida que “demostra unha vez máis o seu impacto positivo no comercio de proximidade”. A edil tamén lembrou que esta é a primeira vez que os Bonos Corazón se distribúen en dúas quendas anuais, co obxectivo de estimular as vendas en períodos tradicionalmente baixos, como a primavera e o outono.

A segunda campaña activarase en outubro e contará cunha dotación idéntica de 300.000 euros, polo que a contía global para 2025 ascende a 600.000 euros. As persoas que non puideron adquirir bonos nesta primeira fase, poderán facelo entón. Segundo explicou Rozas, o propósito do programa é “dinamizar o comercio local precisamente nas épocas do ano nas que o consumo tende a descender”.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

A USC lanza un plan para aliviar a presión da vivenda universitaria en Santiago e Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela presentou este venres o seu novo Plan Social...

Dúas gasolineiras en Santiago entre as máis baratas na AP-9 en período vacacional xunto a outra de Ferrol

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) realizou un estudo sobre as gasolineiras máis...

Persoal do transporte de mercadorías reclama un “convenio provincial digno” en Santiago

Persoal do transporte de mercadorías por estrada, convocado polos sindicatos CCOO, CIG e UGT,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here