InicioECONOMÍAA alcaldesa confía en que a Xunta aprobará a declaración de Santiago...

A alcaldesa confía en que a Xunta aprobará a declaración de Santiago como zona tensionada de vivenda

Goretti Sanmartín defende o rigor da documentación remitida e cre que non haberá impedimentos para limitar os prezos do alugueiro na cidade

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, asegurou este luns que “non ten dúbida ningunha” de que a Xunta de Galicia autorizará a declaración da capital galega como zona de mercado residencial tensionado, unha figura recollida na Lei estatal de vivenda que permitiría regular os prezos do alugueiro. Porén, advertiu de que será necesario “esperar” á resolución da Administración autonómica, despois de que o Concello remitise a documentación pertinente o pasado luns.

Sanmartín respondeu así ás preguntas da prensa, logo de que o Goberno galego aprobase a semana pasada esta mesma declaración para A Coruña, cidade que formalizou a súa solicitude no mes de abril. No caso compostelán, segundo a rexedora, aínda non houbo ningún tipo de resposta oficial nin “feedback” por parte da Xunta.

A pesar desta falta de novidades, a alcaldesa expresou a súa confianza plena en que Santiago poderá acollerse a este mecanismo de control dos prezos, argumentando que a documentación enviada foi froito dun “traballo moi rigoroso, moi serio”, elaborado con criterios técnicos e sociais. Sanmartín salientou que o informe conta con aval técnico e contraste social, o que lle dá garantías de que a petición será aceptada.

Ademais da solicitude para que se declare a cidade como zona tensionada, o Concello inclúe tamén unha petición adicional: rebaixar o limiar para considerar a un propietario como ‘gran tenedor’, pasando de dez inmobles, como marca por defecto a lei estatal, a cinco. Esta medida permitiría ampliar o alcance da futura regulación e facilitaría a intervención pública sobre un maior número de vivendas en alugueiro.

A iniciativa do executivo compostelán enmárcase na súa estratexia de frear a escalada dos prezos da vivenda, especialmente nun contexto no que se constata unha presión crecente sobre o mercado do alugueiro, tanto no casco urbano como nas parroquias do termo municipal.

A espera dunha resposta oficial da Xunta, o goberno local mantén o seu compromiso de aplicar todas as ferramentas legais ao seu alcance para garantir o acceso á vivenda da veciñanza, especialmente da mocidade e das persoas con menos recursos. A declaración de zona tensionada permitiría intervir directamente sobre os contratos de alugueiro e poñer límite aos aumentos abusivos de prezos.

COLOCACIÓN DUNHA BANDEIRA DE PALESTINA EN RAXOI

A colocación da bandeira palestina na fachada do Pazo de Raxoi forma parte das accións acordadas no pleno municipal compostelán, que deu luz verde á creación dunha comisión específica para visibilizar a situación da poboación palestina. Segundo explicou a alcaldesa, Goretti Sanmartín, trátase dun xesto inserido nun marco institucional co obxectivo de sensibilizar a cidadanía e denunciar o que cualificou como un “xenocidio televisado”. A rexedora salientou que a iniciativa busca lembrar que “non se pode normalizar unha crise humanitaria” que se prolonga no tempo sen solución nin resposta efectiva por parte da comunidade internacional.

Bandeira palestina colocada na fachada do Pazo de RaxoI – Concello de Santiago

ÚLTIMAS

Goretti Sanmartín solicita ao Goberno “todas as explicacións pertinentes” tras a dimisión de Santos Cerdán

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, solicitou ao Goberno central "todas as explicacións pertinentes"...

Sumar pide frear o proxecto de Altri en Palas e alerta do seu impacto no Camiño de Santiago

A portavoz de Sumar no Congreso, Verónica Martínez Barbero, declarou este venres en Santiago...

O PP reclama a limpeza urxente do río Sarela ao seu paso por Galeras

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Yolanda Otero, reclamou este xoves a intervención...

Compostela súmase á campaña estatal polo acollemento familiar cun acto simbólico na Alameda

O Parque da Alameda de Santiago de Compostela será o escenario, o vindeiro 17...

A Xunta rexeita a “xustiza estalinista de dar de baixa en bloque” pisos turísticos e ofrece colaboración a Santiago

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, rexeitou a "xustiza estalinista" de dar de...

O Concello activa 18 obras para mellorar a accesibilidade e anuncia o corte da Ponte do Sarela en xuño

O Concello de Santiago de Compostela ten en marcha 18 actuacións repartidas por todo...

Goretti Sanmartín defende un novo modelo económico baseado no benestar e a sustentabilidade

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, reivindicou o papel do seu goberno...