InicioECONOMÍAO Club Financiero de Santiago e a Cámara de Comercio asinan un...

O Club Financiero de Santiago e a Cámara de Comercio asinan un acordo de colaboración

O obxectivo é fortalecer a colaboración para o impulso empresarial e a formación na comarca de Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

O Club Financiero de Santiago (CFS) e a Cámara de Comercio asinaron recentemente un acordo de colaboración anual que establece un marco estable de traballo conxunto. Este acordo busca deseñar, elaborar e executar proxectos en áreas de interese común, sempre co obxectivo de impulsar o sector empresarial na comarca compostelá.

O presidente do CFS, Roberto Pereira, subliñou a importancia de establecer sinerxias con entidades coma a Cámara de Comercio de Santiago, que traballan no apoio ao crecemento das empresas. Pereira destacou que “este acordo encaixa perfectamente cos obxectivos fundacionais do CFS, que defende os intereses do sector empresarial galego”.

Pola súa parte, a presidenta da Cámara de Comercio de Santiago, María Pais, resaltou que o acordo é froito do compromiso da entidade co desenvolvemento económico das empresas da comarca. Pais sinalou que “este convenio reforza o noso compromiso coa dinamización do tecido empresarial e coa mellora da competitividade das empresas da nosa demarcación”.

Este acordo permitirá que os asociados de ambas entidades se beneficien das accións e xestións realizadas por cada unha delas, especialmente no ámbito da formación, que se considera clave para afrontar un entorno empresarial inestable e cambiante. A Cámara de Comercio ofrece unha ampla formación en áreas como o emprendemento, a dixitalización, a internacionalización e a innovación, namentres que o CFS xestiona dende o ano pasado o curso ESGACO, centrado na formación de consejeros de empresas familiares.

A colaboración tamén se orienta á mellora na xestión empresarial e ao impulso do emprendemento, así como á participación en foros empresariais e á difusión de información entre os asociados. Ambos os organismos se comprometen a traballar conxuntamente para apoiar e mellorar a xestión empresarial e para promover a adaptación das empresas aos novos modelos produtivos e ao mercado global.

OBXECTIVOS DAS DÚAS INSTITUCIÓNS

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela actúa como órgano consultivo e de apoio para as empresas da comarca, co obxectivo de aumentar a competitividade das empresas locais e axudalas a adaptarse aos cambios globais e ás novas demandas do mercado.

Pola súa banda, o Club Financiero de Santiago foi fundado en 2010 co obxectivo de defender os intereses do sector empresarial galego, especialmente na área de Santiago de Compostela, ofrecendo apoio e establecendo vínculos entre os empresarios da comarca.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here