InicioECONOMÍAA USC aproba un orzamento de máis de 328 millóns de euros...

A USC aproba un orzamento de máis de 328 millóns de euros para 2025, o maior da súa historia

Publicado o

Xornal de Compostela

O consello de goberno da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou por unanimidade os orzamentos para 2025 que ascenderán a 328,34 millóns de euros, unha cifra que os sitúa como os maiores da historia da institución e que supoñen un incremento 4,42% con respecto ao exercicio económico anterior.

Segundo informou a USC, as contas deberán ser aprobadas definitivamente polo consello social. Estes orzamentos representan igualmente un incremento de preto de 96 millóns de euros con respecto aos de 2018, primeiro exercicio económico do mandato de Antonio López como reitor da universidade.

Noutra orde de asuntos, o consello de goberno aprobou a oferta de prazas de novo ingreso nos títulos de grao, máster e doutoramento da USC para o próximo curso. Así, a oferta total de grao contempla 4.668 prazas e outras 136 para os programas de simultaneidade de graos. Ademais a oferta dos máster ascenderá a 1.859 prazas e en programas de doutoramento a 865.

ÚLTIMAS

O Concello contratará un préstamo de 2,97 millóns e abre 90.000 euros en axudas para asociacións veciñais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns o expediente para contratar...

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

Falece o exconcelleiro socialista Carlos Nieves mentres se bañaba nunha praia do Grove

Carlos Nieves, concelleiro socialista do Concello de Santiago desde 1987 ata 2011, con algunhas...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...