InicioDEPORTESO Obradoiro abre a súa campaña de abonados tras recibir 3.822 achegas...

O Obradoiro abre a súa campaña de abonados tras recibir 3.822 achegas no préstamo participativo

A entidade compostelá iniciará o 10 de xuño a fase de renovacións para as persoas que participaron na campaña Obrad'ouro e abrirá as novas altas a partir do 8 de xullo

Publicado o

Xornal de Compostela

O Monbus Obradoiro pon en marcha a súa campaña de abonados para a tempada 2026/27 despois da resposta recibida na iniciativa Obrad’ouro, coa que o club promoveu un préstamo participativo entre a afección para apoiar o regreso á Liga Endesa. Segundo informou a entidade compostelá, a campaña de captación de fondos rematou con 3.822 achegas.

A nova campaña de abonados desenvolverase baixo o lema “A Nosa Nova Historia”, co que o club quere ligar a nova etapa deportiva co camiño percorrido nas últimas décadas. A entidade sinala que esta mensaxe pretende ser unha chamada á afección para continuar vinculada ao proxecto tras o retorno á máxima categoría do baloncesto estatal.

A iniciativa Obrad’ouro fora presentada a finais de maio co lema “Hay cosas que no valoras hasta que las pierdes” e permitía que calquera afeccionado realizase unha achega a través dun préstamo participativo. O obxectivo, segundo trasladou o club, era reforzar economicamente o proxecto no seu camiño de volta á Liga Endesa.

O Obradoiro destacou que as persoas participantes nesta campaña pasaron a formar parte activa do proceso aberto polo club. A entidade compostelá agradeceu o apoio recibido e subliñou que a forza do proxecto reside na base social que acompaña o equipo. “Sabemos que la verdadera fuerza de este club reside en las personas que lo acompañan cada día”, indicou o club na información remitida.

A campaña de abonados estará dividida en dúas fases. A primeira estará dirixida ás renovacións das persoas afeccionadas que participaron no préstamo Obrad’ouro e desenvolverase do 10 de xuño ao 7 de xullo. Posteriormente, a partir do 8 de xullo, abrirase o prazo para novas altas, tanto para quen participou na iniciativa como para quen non o fixo.

Co regreso á Liga Endesa, o Obradoiro entende que se abre unha nova etapa na súa traxectoria. A entidade cualifica este ascenso como unha das páxinas máis relevantes da súa historia recente e sitúa a campaña de abonados como o seguinte paso para consolidar o vínculo coa súa afección.

O club compostelán insiste en que “A Nosa Nova Historia”non é só o lema da campaña, senón unha forma de presentar a nova tempada como unha continuidade da historia construída polo obradoirismo. Nesa liña, apela a seguir escribindo o futuro do equipo “xornada a xornada, capítulo a capítulo” coa participación da súa masa social.

ÚLTIMAS

A USC lanza un plan para aliviar a presión da vivenda universitaria en Santiago e Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela presentou este venres o seu novo Plan Social...

800 usuarios afectados por cortes de luz en Santiago e Ames

Uns 800 usuarios víronse afectados esta mañá de venres por cortes da luz debido...

Desarticulado en Santiago un clan familiar que vendía droga nunha vivenda blindada con reixas e unha xanela para entregar doses

A redada antidroga levada a cabo pola Policía Nacional o pasado 15 de xullo...

Dúas gasolineiras en Santiago entre as máis baratas na AP-9 en período vacacional xunto a outra de Ferrol

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) realizou un estudo sobre as gasolineiras máis...

A SD Compostela renova a continuidade de Pablo Crespo e Adrián Armental para competir en Segunda Federación

A SD Compostela continúa a configurar o cadro de xogadores co que afrontará o...

Santiago acollerá en xullo os XVI Xogos do Eixo Atlántico con case 2.300 deportistas

A cidade de Santiago de Compostela será a sede dos XVI Xogos do Eixo...

A SD Compostela celebra no Concello o seu ascenso á Segunda Federación

A SD Compostela foi recibida no Concello de Santiago tras conseguir o ascenso á...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here