InicioDEPORTESSantiago presenta a imaxe oficial dos Xogos do Eixo Atlántico que se...

Santiago presenta a imaxe oficial dos Xogos do Eixo Atlántico que se celebrarán en xullo

O Concello destaca o carácter internacional, igualitario e xuvenil dun evento que reunirá arredor de 2.400 deportistas de Galiza e Portugal

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago deu a coñecer a marca, símbolo e identidade gráfica dos Xogos do Eixo Atlántico, que se celebrarán na cidade entre o 5 e o 10 de xullo, nun acto no que participaron a alcaldesa, Goretti Sanmartín, a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, e a deseñadora Thais Suárez.

Durante a presentación, a rexedora salientou que estes xogos converterán Compostela nun “punto de encontro xuvenil de máximo nivel”, cun evento que reunirá a delegacións galegas e portuguesas arredor do deporte e da convivencia. “Vai haber competición, pero tamén moitas amizades e socialización entre a mocidade”, indicou.

O programa desenvolverase ao longo de cinco días, cun acto inaugural previsto para o 5 de xullo na Praza do Obradoiro. Participarán 28 delegacións —dez galegas e dezaoito portuguesas— e arredor de 2.400 deportistas, que competirán en disciplinas como baloncesto, balonmán, voleibol, natación e atletismo. Este último, xunto coa natación, incluirá tamén probas de deporte adaptado.

Pola súa banda, Pilar Lueiro subliñou que a cidade non acollía esta competición desde hai máis de dúas décadas e destacou que os xogos “son moito máis ca cifras”, ao representar unha oportunidade para promover valores como o respecto, a cooperación e o desenvolvemento persoal da mocidade. As competicións repartiranse por diferentes instalacións deportivas municipais, centros educativos e espazos da Universidade de Santiago.

No relativo á identidade visual, Thais Suárez explicou que o deseño aposta por unha imaxe que reflicte igualdade e diversidade, elementos centrais do evento. O logotipo integra o número da edición nunha figura entrelazada que simboliza as distintas disciplinas e a cooperación entre territorios. A cor violeta, segundo indicou, “responde á vontade de facer visible a igualdade de xénero”, mentres que o laranxa conecta coa identidade da área de Deportes municipal.

A proposta inclúe tamén o deseño de medallas e trofeos, nos que o símbolo se adapta a formatos tridimensionais, mantendo a coherencia visual do conxunto. O Concello avanzou ademais que nas próximas semanas se presentará o programa de voluntariado, orientado á participación da cidadanía, especialmente da mocidade.

ÚLTIMAS

Liño, artesanía galega e memoria feminina no traxe da alcaldesa de Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, escolleu para os actos institucionais do 25 de...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Os Tédax destrúen en Santiago un proxectil que podería proceder da Guerra Civil

Especialistas do grupo de técnicos especialistas en desactivación de artefactos explosivos, os Tédax da...

Santalices exercerá por cuarta vez como delegado rexio na Ofrenda ao Apóstolo

A Catedral de Santiago acollerá este sábado, 25 de xullo, a tradicional Ofrenda Nacional...

O PSdeG pide unha homenaxe institucional para Borja Iglesias tras proclamarse campión do mundo

O Grupo Municipal Socialista proporá que o Concello de Santiago organice unha homenaxe institucional...

A SD Compostela renova a continuidade de Pablo Crespo e Adrián Armental para competir en Segunda Federación

A SD Compostela continúa a configurar o cadro de xogadores co que afrontará o...

Santiago acollerá en xullo os XVI Xogos do Eixo Atlántico con case 2.300 deportistas

A cidade de Santiago de Compostela será a sede dos XVI Xogos do Eixo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here