InicioDEPORTESSantiago acollerá o 25 de abril o ‘VI Cross e Andaina Solidaria...

Santiago acollerá o 25 de abril o ‘VI Cross e Andaina Solidaria Duchenne-Becker’ no Monte do Gozo

O evento deportivo e solidario busca recadar fondos para a investigación dunha enfermidade rara e implicar á cidadanía compostelá

Publicado o

Xornal de Compostela

O parque do Monte do Gozo será escenario o vindeiro 25 de abril dunha nova edición do ‘VI Cross e a Andaina Solidaria a favor da investigación de Duchenne-Becker. Unha tarde con Samuel’, unha iniciativa que combina actividade deportiva e compromiso social co obxectivo de apoiar a investigación sobre estas enfermidades raras.

A presentación tivo lugar este martes no Pazo de Raxoi, coa participación da concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, xunto a Samuel Mata, impulsor da iniciativa, o seu pai Juanma Mata, o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, e Amador Pena, en representación do Club Atletismo Obradoiro.

Durante a presentación, Lueiro fixo un chamamento á participación cidadá e destacou o papel desta cita no calendario local. “Desde o Concello queremos destacar o exemplo de superación e compromiso de Samuel e da súa familia, agradecer o traballo de toda a xente que o fai posible e subliñar, como concelleira, o valor do deporte como ferramenta de transformación social”, afirmou. A edil tamén sinalou que o evento está “consolidándose xa como un evento de referencia no calendario deportivo e solidario da cidade”.

Pola súa banda, Samuel Mata lembrou que a totalidade dos fondos recadados —procedentes das inscricións, do merchandising e do café solidario— serán destinados á asociación Duchenne Parent Project España, centrada na investigación destas doenzas.

A xornada está aberta a persoas de todas as idades e contará con cinco modalidades adaptadas a distintos niveis: unha andaina de 2,8 quilómetros, un cross absoluto de 5 quilómetros, probas para categorías sub 16 e sub 14 (2 km), sub 12 e sub 10 (1,2 km) e unha carreira de pitufos de 0,35 quilómetros.

No apartado de participación, as inscricións permanecerán abertas ata o 22 de abril a través da web Carreiras Galegas, onde tamén se habilitou a opción de colaborar mediante o denominado dorsal cero para quen non poida asistir.

Desde a organización subliñouse tamén o carácter divulgativo da iniciativa. Lueiro lembrou que “o máis importante desta iniciativa é o seu obxectivo: dar visibilidade á distrofia muscular de Duchenne e Becker, unha enfermidade rara que a día de hoxe non ten cura”, ao tempo que animou a colaborar “correndo, camiñando ou contribuíndo á recadación”.

No mesmo sentido, Juanma Mata convidou á cidadanía a sumarse á xornada “para desfrutar deste gran día, visibilizar esta enfermidade rara e acompañar”. Tamén Iván Sanmartín trasladou o apoio da Federación Galega de Atletismo e animou tanto á cidadanía como aos clubs deportivos a participar nesta convocatoria.

Desde o Club Atletismo Obradoiro, Amador Pena destacou as características do percorrido, que definiu como “un circuito e a zona como espléndida para correr”, e incidiu en que a proposta está pensada tanto para atletas habituais como para persoas que se achegan por primeira vez a este tipo de actividades.

RESTRICIÓNS DE TRÁFICO E RECOMENDACIÓNS

Con motivo da celebración do evento e doutros actos deportivos coincidentes, a organización informou de que a rúa das Estrelas permanecerá cortada ao tráfico, polo que se recomenda ás persoas participantes facer uso do transporte público ou acceder en vehículo particular pola zona de San Marcos para facilitar a mobilidade e garantir a seguridade.

ÚLTIMAS

Sanidade e a Orde de Malta reforzan a atención sanitaria aos peregrinos en Santiago cun novo convenio ata 2028

O conselleiro de Sanidade e presidente da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Antonio...

O Goberno local defende o cumprimento do Pacto polo rural fronte ás críticas

O Goberno municipal de Santiago reafirma o seu compromiso co 'Pacto polo rural', un...

Santiago constitúe o Consello do EcoBosque para reforzar a protección do río Sar

O Concello de Santiago anunciou a creación do Consello do EcoBosque, un novo órgano...

As ONG galegas animan a marcar a ‘X Solidaria’ na renda cun acto na Praza da Quintana

As principais organizacións do terceiro sector en Galicia reuníronse este martes na Praza da...

O Monbus Obradoiro afronta o derbi galego ante o Leyma Coruña no Coliseum

O Monbus Obradoiro enfrontarase ao Leyma Coruña no vindeiro derbi galego, un encontro que...

O Compos golea ao Gran Peña (5-1) e recupera o liderado no Vero Boquete

A SD Compostela acadou unha vitoria contundente no Estadio Vero Boquete tras impoñerse por...

O Monbus Obradoiro incorpora a Tra Holder para reforzar a dirección de xogo no tramo final da tempada

O Monbus Obradoiro anunciou a incorporación do base estadounidense Tra Holder ata o final da...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here