InicioDEPORTESO Monbus Obradoiro afronta o derbi galego ante o Leyma Coruña no...

O Monbus Obradoiro afronta o derbi galego ante o Leyma Coruña no Coliseum

O encontro disputarase o sábado 11 de abril ás 19:00 e contará con desprazamento organizado para a afección compostelá

Publicado o

Xornal de Compostela

O Monbus Obradoiro enfrontarase ao Leyma Coruña no vindeiro derbi galego, un encontro que terá lugar no Coliseum da cidade da Coruña o sábado 11 de abril ás 19:00. O partido preséntase como unha cita relevante para ambos conxuntos, que buscarán unha vitoria con peso na competición.

No que respecta á presenza de afeccionados composteláns, o club santiagués informou das condicións de acceso ás entradas facilitadas pola entidade coruñesa. Tras reservar unha parte para as peñas, o resto das localidades sairán á venda o martes 7 de abril ás 12:00, cun prezo de 20 euros. Estas entradas estarán dispoñibles unicamente para persoas abonadas do Obradoiro, cun límite dunha por persoa. A distribución realizarase unha vez que o club coruñés remita as localidades.

Ademais, o Monbus Obradoiro organizará unha viaxe en autobús para facilitar o desprazamento ata A Coruña. Este servizo estará dispoñible para todas aquelas persoas que conten cunha entrada para o partido, independentemente de onde a adquirisen. A saída está prevista ás 16:00 desde a porta das oficinas do Multiusos Fontes do Sar, en Santiago de Compostela, e o regreso producirase ao remate do encontro.

O prezo do billete será de 5 euros, aínda que no caso das persoas abonadas do club compostelán este importe será devolto posteriormente a través do seu monedoiro, sempre que realicen efectivamente a viaxe. Para acceder a este reembolso, será necesario adquirir o billete empregando as credenciais de abonado. Pola súa banda, as persoas non abonadas poderán facer uso do servizo, pero sen dereito a devolución.

O club tamén indicou que a posta en marcha dos autobuses estará condicionada a que se acade un número mínimo de prazas vendidas. De non cumprirse este requisito, procederase á devolución do importe dos billetes adquiridos.

ÚLTIMAS

Santiago multiplica os visados para construír vivendas: un crecemento do 405 % en nove meses

O visado de novas vivendas para construír en Santiago de Compostela disparouse un 405...

Santiago queda sen oito novas rutas aéreas a só dúas semanas da súa estrea: Flyyo non operará os voos comercializados por Fly2Galicia

A turoperadora Fly2Galicia anunciou a contratación da aeroliña portuguesa White Airways para operar, a...

Santiago pecha os parques municipais dende as 14:00 polo aviso amarelo por vento

Os parques municipais de Santiago de Compostela quedan pechados desde as 14:00 deste luns...

O PSdeG traslada ao venres 20 de novembro o mitin de Pedro Sánchez en Santiago

O presidente do Goberno e candidato socialista, Pedro Sánchez, participará o venres 20 de...

O pavillón do Restollal homenaxea a Alejandra Neira, Esther Pedrosa e Borja Iglesias cun mural colaborativo

O pavillón do Restollal conta dende hoxe cun novo mural dedicado a tres referentes...

Santiago acollerá por primeira vez a Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas o 22 de novembro

Santiago de Compostela incorporarase este ano á Carreira das Cidades contra o Cancro de...

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here