InicioDEPORTESA USC logra o primeiro posto por equipos no Campionato Universitario de...

A USC logra o primeiro posto por equipos no Campionato Universitario de Orientación da Xunta de Galicia en Pontevedra

A competición reuniu 53 estudantes das tres universidades galegas nunha proba con percorridos polo campus, a Illa das Esculturas e o centro urbano da cidade

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela acadou o primeiro posto na clasificación por equipos no Campionato Universitario de Orientación da Xunta de Galicia, celebrado en Pontevedra. O podio completárono a Universidade de Vigo, en segunda posición, e a Universidade da Coruña, que ocupou o terceiro lugar. No apartado individual, estudantes da USC obtiveron tamén postos destacados tanto na categoría feminina como na masculina, con segundas e terceiras posicións.

A orientación é unha disciplina deportiva na que as persoas participantes deben completar un percorrido no menor tempo posible localizando unha serie de puntos sinalados, coñecidos como balizas ou controis, utilizando para iso un mapa e, en ocasións, compás.

A competición desenvolveuse en dúas fases. A primeira delas consistiu nunha ronda clasificatoria, que se disputou na contorna do campus universitario e da Illa das Esculturas de Pontevedra. Nela seleccionáronse once corredoras e dezaseis corredores que accederon á final.

Na proba decisiva, o percorrido ampliouse ás rúas da cidade de Pontevedra, incluíndo tramos polo casco histórico, antes de regresar novamente ao campus para completar o itinerario.

Na categoría masculina, a vitoria foi para Mateo Rodríguez, estudante do Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, que conseguiu unha diferenza superior aos dous minutos respecto dos seguintes clasificados. O segundo e terceiro posto corresponderon aos estudantes da USC Hugo Suárez e Xián Novoa.

Na final feminina, o primeiro posto foi para Lucía Parga, estudante do Máster en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria. O podio completárono tamén dúas alumnas da USC, Sofía Martínez e Ana Martínez, que ocuparon a segunda e terceira posición respectivamente.

O campionato estivo organizado pola Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo, coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, e contou coa participación de 53 estudantes pertencentes ás tres universidades públicas galegas.

ÚLTIMAS

Santiago entrega a Alba de Compostela nun acto dedicado a “todas” as vítimas do franquismo

O Concello de Santiago entregou este 25 de xullo, por cuarto ano consecutivo, as...

A USC reconstrúe dixitalmente a ‘Raíña Orante’ do mestre Mateo

Un proxecto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Centro de Investigación...

Santiago vive un multitudinario Día de Galicia entre tradición, política e festa

Como cada 25 de xullo, Santiago de Compostela celebrou o Día Nacional de Galicia...

O arcebispo de Santiago chama a recoñecer a dignidade de toda persoa na Ofrenda ao Apóstolo

O arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, fixo un chamamento este 25 de xullo...

O PSdeG pide unha homenaxe institucional para Borja Iglesias tras proclamarse campión do mundo

O Grupo Municipal Socialista proporá que o Concello de Santiago organice unha homenaxe institucional...

A SD Compostela renova a continuidade de Pablo Crespo e Adrián Armental para competir en Segunda Federación

A SD Compostela continúa a configurar o cadro de xogadores co que afrontará o...

Santiago acollerá en xullo os XVI Xogos do Eixo Atlántico con case 2.300 deportistas

A cidade de Santiago de Compostela será a sede dos XVI Xogos do Eixo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here