InicioDEPORTESSantiago recoñecerá o talento deportivo local na VIII Gala do Deporte o...

Santiago recoñecerá o talento deportivo local na VIII Gala do Deporte o 24 de marzo no Auditorio de Galicia

O evento distinguirá a deportistas, clubs e entidades destacadas da tempada 2024-2025 en doce categorías e dúas mencións especiais

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello celebrou este xoves a presentación da VIII Gala do Deporte, un acto que servirá para recoñecer o labor de deportistas, clubs e entidades que destacaron na tempada 2024-2025 ou ao longo do ano 2025 na promoción da actividade física na cidade.

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, acompañada por Manuel García Reigosa, membro do xurado, explicou que a gala terá lugar o martes 24 de marzo ás 20:00 no Auditorio de Galicia, nun acto público que será retransmitido en streaming. As persoas e entidades premiadas recibirán un diploma acreditativo e unha medalla conmemorativa personalizada.

Segundo indicou Lueiro, o obxectivo desta cita é recoñecer a contribución do tecido deportivo compostelán ao fomento da práctica deportiva entre a cidadanía, destacando o papel de clubs, deportistas e iniciativas sociais vinculadas ao deporte.

DOCE CATEGORÍAS E DÚAS MENCIÓNS PRINCIPAIS

Nesta edición establecéronse 12 categorías, ás que se suman dúas mencións especiais. Para optar aos galardóns é preciso ter nacido en Santiago, estar empadroado na cidade ou manter unha vinculación mínima de dous anos cun club local.

Entre as persoas e entidades distinguidas nesta edición figuran:

  • Deportistas femininas: as atletas compostelás Debris e Demeku Paniagua

  • Deportista masculino base: o ximnasta Cosme González

  • Deportista feminina absoluta: Blanca Millán

  • Deportista masculino absoluto: o surfista Guillermo Carracedo

  • Entidade deportiva destacada: Club Waterpolo Santiago

  • Adestrador do ano 2025: Santi Valladares, técnico do Peñíscola

  • Xuíza destacada: a xuíza de atletismo María José Barbazán

  • Patrocinio deportivo: Compostela Ferrecal

  • Actividade ou acción social: a Andaina Duchenne e Becker, impulsada por Juan Mata e o seu fillo Samuel Mata, afectado por esta enfermidade

  • Deporte adaptado e inclusivo: Marcelo Lusardi, deportista de skate con discapacidade visual

  • Entidade educativa: o Colexio Peleteiro

  • Premio honorífico á traxectoria: o matrimonio formado por Chucho Barreiro e Maruxa Barral, vinculados durante anos ao deporte compostelán

Ademais, o xurado acordou conceder dúas mencións especiais: unha a título póstumo ao xornalista Emilio Navaza e outra ao Luís Penido Rally Team, que no ano 2025 se proclamou campión de Europa de montaña.

UN ENCONTRO DO DEPORTE COMPOSTELÁN

Pola súa banda, Manuel García Reigosa explicou o funcionamento do proceso de selección, que inclúe a presentación de candidaturas e unha votación do xurado entre aquelas que cumpren os requisitos establecidos nas bases.

Durante a súa intervención destacou tamén o carácter simbólico do evento, que cualificou como “un día de punto de encontro de todo o deporte” da cidade. Segundo sinalou, a gala permite tamén “poñer en valor a xente que practica deporte nun amplo abano de disciplinas que ás veces non son coñecidas”, subliñando o mérito das persoas que destacan en ámbitos deportivos moi diversos.

A VIII Gala do Deporte de Santiago reunirá así no Auditorio de Galicia a deportistas, clubs e entidades vinculadas á práctica deportiva na cidade nun acto destinado a visibilizar o papel do deporte no tecido social compostelán.

ÚLTIMAS

Dous feridos en Santiago por unha fuga de gas nunha vivenda

Dúas persoas víronse afectadas por unha fuga de gas dun quentador nunha vivineda de...

O CiMUS abre unha convocatoria internacional con seis contratos predoutorais financiados pola Axencia Estatal de Investigación

O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da USC...

Antonio López amosa a súa sorpresa pola dinámica de confrontación nas eleccións á reitoría da USC

O actual reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, manifestou este mércores...

E-motion logra un pleno de podios no seu debut interautonómico en Madrid

A escola de baile e acrobacia E-motion, con sede en Bertamiráns, estreouse este domingo...

O Hotel Monumento San Francisco acolle unha xornada que promove a vida saudable no marco do Gran Camiño 2026

O Hotel Monumento San Francisco de Santiago converterase este mércores no escenario dunha xornada...

Riki Mangana regresa á SD Compostela e asina ata a fin de tempada

O defensa Ricardo Enrique Mangana Barberá, máis coñecido como Riki Mangana (Caracas, 22/09/1999), volve...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here