InicioDEPORTESRiki Mangana regresa á SD Compostela e asina ata a fin de...

Riki Mangana regresa á SD Compostela e asina ata a fin de tempada

O defensa venezolano únese ao proxecto do club compostelán coa meta de ascender

Publicado o

Xornal de Compostela

O defensa Ricardo Enrique Mangana Barberá, máis coñecido como Riki Mangana (Caracas, 22/09/1999), volve a SD Compostela tras dúas tempadas fóra do club galego para reforzar a súa liña defensiva co obxectivo de lograr o ascenso. Segundo anunciou o club, o futbolista asinou un contrato que o vincula ao Compos ata o final da presente temporada.

Mangana regresou ao equipo compostelán despois de acumular experiencia tanto no fútbol español como no estranxeiro. O xogador venezolano destaca pola súa polivalencia na defensa, podendo actuar en ambas bandas como lateral ou incluso como central, con oficio para apoiar o ataque e tamén para organizar a liña defensiva. Con 26 anos, trae consigo unha traxectoria extensa que inclúe participación en competicións nacionais e internacionais.

Na súa etapa anterior co Compos, Mangana disputou 39 encontros en Segunda Federación, repartidos ao longo de temporada e media, e participou nunha fase de ascenso a Primera RFEF co equipo.

Tras deixar Compostela, o defensa pasou polo Ourense CF, con quen conseguiu o ascenso a Primera Federación, e polo Talavera de la Reina, antes de aventurarse de novo no fútbol venezolano. No seu país, xogou co Academia Puerto Cabello, co que disputou a Conmebol Sudamericana, e máis recentemente co Estudiantes de Mérida.

A súa traxectoria tamén inclúe etapas na canteira do RC Celta de Vigo e en clubs como o Guijuelo, o Coruxo e a Cultural Leonesa en Segunda División B, así como convocatorias coa selección sub-20 de Venezuela.

Unha vez formalizado o seu contrato e superadas as pertinentes probas médicas, Mangana incorporouse aos adestramentos do primeiro equipo para poñerse a disposición do adestrador Secho e contribuír á loita do Compostela por regresar a categorías superiores.

ÚLTIMAS

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O persoal de limpeza e conserxaría de Santiago suspende a folga tras lograr avances con Lacera

A CIG informa de que o persoal de limpeza e conserxaría dos colexios e...

Santiago activa medidas de aforro de auga ante o risco dunha vertedura de xurro no Tambre

O Concello de Santiago mantén baixo seguimento a posible chegada ao río Tambre dunha...

O Festival Maré reunirá en Santiago artistas de máis de 16 países na súa sétima edición

O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición...

Santiago homenaxea a Borja Iglesias tras proclamarse campión do mundo coa Selección Española

O futbolista Borja Iglesias regresou este luns á súa cidade natal como campión do...

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here