InicioDEPORTESSantiago acolle a segunda edición do Campionato 3x3 USC-Obradoiro no Multiusos Fontes...

Santiago acolle a segunda edición do Campionato 3×3 USC-Obradoiro no Multiusos Fontes do Sar

A cita deportiva celebrarase o 23 de febreiro e mantén aberto o prazo de inscrición gratuíta até o día 13, con participación da comunidade universitaria dos dous campus da USC

Publicado o

Xornal de Compostela

O Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela será o escenario, o vindeiro 23 de febreiro a partir das 15:00, da segunda edición do Campionato 3×3 USC-Obradoiro, unha competición deportiva dirixida á comunidade universitaria da Universidade de Santiago de Compostela. Tras a acollida da primeira edición, a organización mantén aberto o prazo de inscrición, de balde, até o 13 de febreiro a través dun formulario electrónico.

O campionato contará con dúas categorías, masculina e feminina, cun máximo de 32 equipos por categoría. Cada grupo deberá estar formado por entre tres e cinco integrantes, e a participación está restrinxida a membros da comunidade universitaria da USC. Como principal novidade desta edición, a competición ábrese á participación de persoas procedentes de ambos os campus, Santiago e Lugo, e inclúe transporte gratuíto desde o Campus de Lugo até o recinto deportivo compostelán.

Para formalizar a inscrición, todas as persoas participantes deberán rexistrarse previamente como usuarias da Área Deportiva da USC. A persoa que exerza a capitanía do equipo será a responsable de tramitar a inscrición en liña e de xestionar, a través da aplicación da universidade, o envío das invitacións ao resto dos compoñentes, que deberán completar o proceso mediante a ligazón recibida no seu correo electrónico.

A organización tamén prevé a posibilidade de participación para aquelas persoas que non conten cun equipo pechado, a través dunha bolsa de persoas xogadoras. Ademais, unha vez completado o rexistro do equipo e dos seus integrantes, poderá realizarse a inscrición no Campionato de Triplas, no que só poderá participar unha persoa por equipo.

A celebración desta segunda edición consolida esta cita deportiva no calendario universitario e reforza a colaboración entre a USC e o Obradoiro no fomento da práctica deportiva entre o alumnado.

ÚLTIMAS

Santiago entrega a Alba de Compostela nun acto dedicado a “todas” as vítimas do franquismo

O Concello de Santiago entregou este 25 de xullo, por cuarto ano consecutivo, as...

A USC reconstrúe dixitalmente a ‘Raíña Orante’ do mestre Mateo

Un proxecto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Centro de Investigación...

Santiago vive un multitudinario Día de Galicia entre tradición, política e festa

Como cada 25 de xullo, Santiago de Compostela celebrou o Día Nacional de Galicia...

O arcebispo de Santiago chama a recoñecer a dignidade de toda persoa na Ofrenda ao Apóstolo

O arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, fixo un chamamento este 25 de xullo...

O PSdeG pide unha homenaxe institucional para Borja Iglesias tras proclamarse campión do mundo

O Grupo Municipal Socialista proporá que o Concello de Santiago organice unha homenaxe institucional...

A SD Compostela renova a continuidade de Pablo Crespo e Adrián Armental para competir en Segunda Federación

A SD Compostela continúa a configurar o cadro de xogadores co que afrontará o...

Santiago acollerá en xullo os XVI Xogos do Eixo Atlántico con case 2.300 deportistas

A cidade de Santiago de Compostela será a sede dos XVI Xogos do Eixo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here