InicioDEPORTESA SD Compostela pecha o ano cun triunfo contundente ante o Somozas...

A SD Compostela pecha o ano cun triunfo contundente ante o Somozas e mantén o liderado

O conxunto compostelán impúxose por 3-0 no Vero Boquete, completou un decembro perfecto e marchou ás vacacións de Nadal sen encaixar goles

Publicado o

Xornal de Compostela

A SD Compostela despediu o ano cunha nova vitoria na casa tras superar por 3-0 ao UD Somozas no estadio Vero Boquete, nun encontro condicionado pola choiva persistente pero controlado polos locais de principio a fin. O resultado permitiu ao equipo santiagués pechar o mes de decembro con tres triunfos en tres partidos e sen goles encaixados, consolidando a súa posición de liderado antes do parón do Nadal.

O partido comezou cun Compos decidido a levar a iniciativa, acumulando posesión e buscando o xogo polas bandas. Esa superioridade traduciuse no marcador na primeira metade, cando Maceira, máximo goleador do equipo, aproveitou un centro preciso de Valín para marcar de cabeza o 1-0, o seu oitavo tanto na Liga. O conxunto local puido ampliar a vantaxe antes do descanso, nunha nova acción por banda na que Antón Guisande se adiantou ao porteiro visitante, pero o remate non atopou portaría.

Na reanudación, o encontro decantouse aínda máis para os intereses composteláns. De novo Guisande anticipouse á defensa e provocou unha falta no límite da área que supuxo a expulsión directa de Iago, deixando ao Somozas con dez xogadores. Con superioridade numérica, o Compos intensificou o dominio e controlou o ritmo do xogo.

Pasada a hora de partido, Armental incorporouse pola banda dereita e asistiu a Parapar, que chegou en carreira para empuxar o balón á rede e facer o 2-0, o seu terceiro gol da tempada. Xa no tramo final, no minuto 75, Cañi pechou a goleada cun disparo colocado á escuadra tras unha acción individual pola banda, un tanto que supuxo o 3-0 definitivo.

Con esta vitoria, a SD Compostela puxo punto final ao último partido do 2025 no Vero Boquete cun balance positivo, sumando tres puntos clave para afrontar o descanso navideño invicta e na primeira posición da táboa.

ÚLTIMAS

Saleta Chao toma posesión como concelleira de Facenda de Santiago

Saleta Chao Rivas (BNG) incorpórase dende hoxe á Corporación municipal de Santiago de Compostela...

O pleno aproba unha moción do PP para reforzar o control do servizo de axuda no fogar e mellorar as condicións das traballadoras

O Pleno do Concello aprobou este luns unha proposición presentada polo Partido Popular para...

O PSdeG denuncia que dous alumnos do CEE A Barcia non poden asistir ás clases por falta de transporte adaptado

O secretario xeral do PSdeG en Santiago e deputado autonómico, Aitor Bouza, denunciou este...

As non adscritas apoian a ILP Lingua Vital e levarán ao Pleno de Santiago unha moción para defender o galego

As concelleiras non adscritas do Concello de Santiago formalizaron o seu apoio á Iniciativa Lexislativa...

Santiago acollerá por primeira vez a Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas o 22 de novembro

Santiago de Compostela incorporarase este ano á Carreira das Cidades contra o Cancro de...

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

O Compostela cae ante o Oviedo Vetusta pese a xerar ocasións para empatar no Vero Boquete

A SD Compostela encadeou este domingo a súa segunda derrota consecutiva ao caer por...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here