InicioDEPORTESO Monbus Obradoiro activa a liberación de asentos para o derbi galego...

O Monbus Obradoiro activa a liberación de asentos para o derbi galego ante o Leyma Coruña

As entradas esgotáronse en 15 minutos e a iniciativa ‘A Rebo-Sar’ permitirá que outros abonados adquiran localidades liberadas

Publicado o

Xornal de Compostela

O Monbus Obradoiro puxo en marcha un sistema para que as persoas abonadas poidan liberar o seu asento no partido fronte ao Leyma Coruña, correspondente á xornada 14 da Primeira FEB, despois de que as entradas para o encontro se esgotasen en apenas 15 minutos.

O derbi galego disputarase o 28 de decembro ás 18:00 no Multiusos Fontes do Sar e está a xerar unha elevada expectación entre a afección. A rápida venda das localidades deixou sen opción de compra a numerosos seguidores non abonados, mentres que os abonados poderán acceder ao encontro co seu abono de tempada, como no resto dos partidos do calendario.

Co obxectivo de encher a Caldeira e facilitar a asistencia doutros obradoiristas, o club activou a iniciativa ‘A Rebo-Sar’, mediante a cal os abonados que non poidan acudir ao partido poden poñer o seu asento á venda. No caso de que a entrada se venda, a persoa abonada recibirá o 50 % do importe no seu monedeiro do club.

A venda destas localidades liberadas será exclusiva para abonados do Monbus Obradoiro, garantindo así que os seguidores habituais poidan adquirir as entradas dispoñibles e acudir ao encontro cun acompañante. Os asentos iranse poñendo á venda de maneira automática a medida que sexan liberados.

Segundo explica o club, esta acción busca recoñecer a fidelidade da masa social e asegurar un ambiente plenamente obradoirista nun dos partidos máis destacados da tempada.

COMO LIBERAR O ASENTO

As persoas abonadas poden xestionar a liberación do seu asento desde a área de abonados da web oficial. Para iso, deben iniciar sesión co seu usuario e contrasinal, acceder a ‘Os meus abonos’, premer en ‘Xestionar’ no abono correspondente, seleccionar o partido contra o Leyma Coruña e escoller a opción ‘Vender entrada’. O sistema solicitará unha confirmación previa antes de completar a operación.

ÚLTIMAS

O Concello destina 3 millóns á compra de edificios baleiros na cidade histórica para crear vivenda pública en alugueiro

O Concello de Santiago destinará 3 millóns de euros á adquisición de edificios baleiros...

Santiago licita por 1,3 millóns a xestión e a vixilancia do centro para persoas sen fogar de Belvís

O Concello de Santiago vén de aprobar o inicio da licitación de dous contratos...

Temperaturas de máis de 30 graos e goteiras: o comité de empresa denuncia tres anos sen solucións na residencia DomusVi de Pontepedriña

O comité de empresa da residencia de maiores Fundación José Otero-Carmela Martínez, xestionada por...

O arquitecto Fernando Cobos defende o “rigor” da intervención no Hostal dos Reis Católicos

O arquitecto Fernando Cobos, responsable da execución da obra de intervención no Hostal dos...

Compostela reabre Santa Isabel tras unha reforma integral de 2,6 millóns de euros

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín Rei, encabezou este martes pola tarde a visita...

O Obradoiro abre a súa campaña de abonados tras recibir 3.822 achegas no préstamo participativo

O Monbus Obradoiro pon en marcha a súa campaña de abonados para a tempada...

A USC suma un novo título galego co triunfo de Diego Cacheiro en xadrez rápido

A USC incorporou un novo resultado destacado ao seu ámbito deportivo coa vitoria de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here