InicioDEPORTESGalicia imponse no III Torneo Internacional de Balonmán celebrado en Santiago

Galicia imponse no III Torneo Internacional de Balonmán celebrado en Santiago

As seleccións galegas dominaron nas categorías infantil e cadete no torneo da Deputación da Coruña, que serviu de preparación para o CESA 2026 en Cataluña

Publicado o

Xornal de Compostela

A Federación Galega de Balonmán clausurou no Pavillón do Restollal o III Torneo Internacional de Balonmán da Deputación da Coruña, unha cita que encheu de actividade deportiva Santiago de Compostela durante toda a fin de semana. O encontro reuniu ás seleccións infantil e cadete, masculinas e femininas, de Galicia, da Associação de Andebol do Porto e da Federación de Balonmano del Principado de Asturias.

Foron dous días de competición e convivencia, con partidos tamén nas instalacións da Universidade de Santiago de Compostela, que serviron de primeira proba de preparación para as seleccións galegas de cara ao Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA 2026), previsto entre o 3 e o 8 de xaneiro en Cataluña.

Galicia asinou un destacado papel no torneo, liderando tres das catro categorías disputadas. En infantil masculina e cadete masculina e feminina, as seleccións galegas proclamáronse campioas; mentres que na infantil feminina o primeiro posto foi para Asturias, seguida de Galicia e do Porto.

Durante todo o fin de semana, o público compostelán respondeu cunha ampla presenza nas bancadas, creando un ambiente de apoio constante ás seleccións galegas e convertendo o evento nunha festa do balonmán de base.

A Federación Galega de Balonmán quixo agradecer o respaldo da Deputación da Coruña, promotora do formato internacional, así como o apoio da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago e a Universidade de Santiago de Compostela, ademais da colaboración do Club Ribadosar na loxística do evento.

Segundo destacou a entidade organizadora, o torneo demostra que Galicia continúa avanzando con paso firme, talento e identidade deportiva propia, consolidando un proxecto de formación que mira xa cara ao CESA 2026.

A Federación anunciou que nas próximas semanas se divulgarán novas actividades de preparación das seleccións galegas, que seguirán o seu calendario competitivo nesta recta final do ano.

ÚLTIMAS

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

O Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da rede de centros socioculturais

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a adxudicación do contrato de...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

A SD Compostela remonta ao Viveiro e reforza o liderado ao peche da primeira volta

A SD Compostela reforzou este domingo o seu liderado na liga tras superar por 3-1...

O Compos incorpora a David Rosón para reforzar o centro do campo

A SD Compostela anunciou a incorporación do lucense David Rosón Fernández como novo xogador do...

O Compos arrinca o 2026 cunha vitoria a domicilio e mantén a portería a cero

A SD Compostela iniciou o ano 2026 do mesmo xeito que pechara o anterior,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here