InicioDEPORTESTrasi renova coa SD Compostela ata 2026 e consolídase como peza clave...

Trasi renova coa SD Compostela ata 2026 e consolídase como peza clave no medio do campo

O mediocentro mariñán cumprirá a súa segunda tempada completa no primeiro equipo compostelán

Publicado o

Xornal de Compostela

O mediocentro Xoel Trasancos Atadell, coñecido como Trasi, continuará vestindo a camisola da SD Compostela ata o ano 2026. O club compostelán anunciou a renovación do futbolista natural de Viveiro (29/09/2003), que ocupa ficha sub23 e que xa tivo un papel relevante durante a pasada campaña.

Trasi, que debutara en partidos oficiais co primeiro equipo durante a tempada 2023/24 cando aínda militaba no filial, fixo a súa estrea completa na 2024/25. Neste último curso, participou en 16 encontros oficiais: 12 de Liga e 4 da Copa Federación, afianzándose como un xogador con capacidade para abarcar moito terreo de xogo e gañar duelos físicos, dous dos aspectos máis valorados polo técnico compostelán Fabiano Soares ‘Secho’.

Formado nas categorías inferiores do CD Lugo e do Viveiro CF, Trasi chegou a Santiago no seu último ano como xuvenil, incorporándose ao CD Conxo Santiago na categoría de Liga Nacional. Tras unha tempada destacada, deu o salto ao Sigüeiro FC, equipo filial do Compos, onde xogou 65 partidos oficiais en Preferente, acumulando máis de 5.100 minutos e marcando 2 goles, alternando adestramentos co primeiro equipo.

O club destaca del a súa intelixencia táctica, a súa intensidade física e tamén a súa capacidade para xestionar a posesión, unha combinación de características que lle permite encaixar no modelo de xogo proposto por Secho para o novo proxecto do Compos 2025/26, que ten como obxectivo o ascenso a Segunda RFEF.

Con esta renovación, o equipo compostelán dá continuidade a unha peza clave da súa medular, confiando nun perfil que combina xuventude, experiencia no club e ambición competitiva. Trasi, pola súa banda, amosa a súa determinación por consolidarse no once titular e contribuír ao salto de categoría: “teño moitas gañas de seguir demostrando o meu nivel e de conseguir o ascenso co Compos”.

ÚLTIMAS

O Concello destina 3 millóns á compra de edificios baleiros na cidade histórica para crear vivenda pública en alugueiro

O Concello de Santiago destinará 3 millóns de euros á adquisición de edificios baleiros...

O PSOE leva ao pleno o estado da Alameda e reclama un mantemento “activo, continuado e rigoroso”

O Grupo Municipal Socialista levará ao pleno ordinario de xuño a situación da Alameda...

As traballadoras do téxtil avalían novas mobilizacións tras levantar a acampada trasladada a Santiago

As representantes dos traballadores do sector téxtil estudan cos persoais a definición dunha nova...

Santiago licita por 1,3 millóns a xestión e a vixilancia do centro para persoas sen fogar de Belvís

O Concello de Santiago vén de aprobar o inicio da licitación de dous contratos...

O PP de Santiago e a Fundación Andrea impulsan o primeiro Torneo Solidario Jesús Pampín

O PP de Santiago e a Fundación Andrea presentaron este mércores o I Torneo...

Compostela reabre Santa Isabel tras unha reforma integral de 2,6 millóns de euros

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín Rei, encabezou este martes pola tarde a visita...

O Obradoiro abre a súa campaña de abonados tras recibir 3.822 achegas no préstamo participativo

O Monbus Obradoiro pon en marcha a súa campaña de abonados para a tempada...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here