InicioCULTURADaniel Chapela presenta 'Biscoito de laranxa': "Unha das cousas que máis me...

Daniel Chapela presenta ‘Biscoito de laranxa’: “Unha das cousas que máis me gusta é cando a xente me di que atopou a alguén neses versos”

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

Hoxe Xornal de Compostela entrevista a Daniel Chapela, autor do poemario Biscoito de laranxa, publicado por Editorial Galaxia e que este mércores día 2 ás 19:00 será presentado na Libraría Couceiro de Santiago. Na presentación acompañarán ao autor o historiador Miguel García-Fernández, a autora Anna R. Figueiredo e o secretario xeral da Lingua Valentín García.

O poemario, premiado co segundo premio de poesía do certame Xuventude Crea da Xunta de Galicia, achéganos ao proceso de perda dun ser querido e as tensións que esta perda xera dentro do ámbito familiar.

No teu poemario, en Biscoito de laranxa, fas unha especial dedicación á vila de Mondoñedo. Paréceme cuioroso que a menciones dun xeito tan especial. Por que é importante para ti Mondoñedo?

Na concepción deste libro Mondoñedo foi importante por múltiples razóns. Todo ten que ver con como se xesta o poemario. O poemario parte dun obradoiro de escrita con Antía Otero, no que se escribe un primeiro poema. Cando eu estou traballando nese poemario para mandar ao premio Xuventude Crea, da Xunta de Galicia, eu estou estou en Mondoñedo escribindo. Esa parte que eu mando ao certame é algo que xorde exclusivamente en Mondoñedo. Escríbese alí e eu marcho de Mondoñedo catro días despois de chegar xa cunha plaquette lista para presentar. Entón para min é importante tamén porque foi un sitio no que eu non sabía se sería capaz de escribir algo.

A min Mondoñedo transcribiume a calma. Isto xa o di Yolanda Castaño cando fala das residencias literarias noutros sitios. Moitos veces nas residencias literarias dáseche a tranquilidade de escribir sen preocuparte de nada. Neste caso, Mondoñedo foi como un catalizador desas ganas de escribir sobre un tema moi concreto.

Biscoito de laranxa é a morte, é a perda humana e pode ser calquera persoa para nós. É un pouco esa a intención. Para ti que é?

Hai unha impronta rural que é evidente. Iso está tamén na voz poética e na forma de falar. Hai unha cousa que se fai no poemario que é evitar os nomes e utilizar pronomes: ti, el, nós… Porque ese ti pode ser o ti de calquera persoa. É o feito de que non se lle puxese unha relación de parentesco ou de amizade. Isto quitaríalle á xente a capacidade de empatizar ou atoparse entre eses versos.

Creo que precisamente unha das cousas máis pretendidas é a de abstraer esas relacións para que para que un poida ser calquera persoa.

Parecíame importante que non fose ningunha persoa en concreto, que ese ti poida ser ninguén ou todo o mundo. Que un poida lelo como un pai e outra poida pensalo como que é un amigo da infancia e que poidamos atopar nel a calquera persoa.

Eu que xa levo un par de clubs de lectura, sobre o libro unha das cousas que máis me gusta é cando a xente me di que atopou a alguén neses versos.

O feito de conseguir isto creo que é o máis bonito que pode pasar. Que a xente vexa nese ti unha persoa que queres e nese el hai unha persoa que che incomoda.

Trátase quizais igual por isto dun poemario para todo o mundo. Sinxelo pero con moito significado.

A cuestión non é se é un poemario sinxelo. Unha cuestión que me ensinou moito Míriam Ferradáns, unha poeta que a min me encanta e ademais coa que me une un fondo lazo de amizade é que canto máis sinxelo parece algo máis traballo hai detrás.

Esa sinxeleza está relacionada en boa medida co tema que trata e eu creo que tamén, como dixo Ana Figueiredo na presentación do libro en Bueu, que vai estar aquí mañá en Santiago presentando comigo, era que tamén son etapas da vida: eu este libro que escribo con 23 creo que non podería escribilo nunca con 50.

Se pensamos por exemplo na poesía dos 80 é unha poesía moi estilizada e elevada e de súpeto nos 90 vémonos na necesidade de contar unha cousa moi importante, que é que a muller pasa de ser un obxecto de desexo a un suxeito desexante. O que nos interesa é máis a mensaxe que a forma. Debemos coidar a forma, pero o que nos interesa é a mensaxe.

Non quero entón xogos retórico moi elevados para contar algo. O que vou contar non precisa diso. Quero falar dende outra perspectiva e quero falar dende outro tipo de linguaxe.

O teu poemario ve a luz por primeira vez no Xuventude Crea. Cóntanos como cambiou dende ese Xuventude Crea ata que agora foi publicado por Galaxia.

O poemario parte dun poema moi concreto que para min é un dos máis especiais do poemarios, do que partiu todo, que é o que fala dunha fogueira. O Xuventude Crea o que me deu foi a oportunidade de presentar algo. É un certame moi ben dotado economicamente. No meu caso foi un segundo premio, dotado de 1.500 euros. Entre 50 e 100 versos, unha cantidade relativamente pequena comparado con outros certames. Recoméndollo ademais a calquera que se queira presentar porque pecha o prazo a mediados de outubro.

O que che dá moitas veces é o foco. Precisamente no meu caso grazas a ter ese premio e nunha conversa do Culturgal xurdiu a posibilidade de publicalo. O feito de publicar o poemario ao principio foi moi incómodo, porque este parte do ti. O poemario eran poemas da parte do ti. Non había ningún de nós. Á hora de coller e ampliar o poemario e facer que sexa publicable como un libro, o que me esixe é facer algo moito máis amplo. Esíxeme traballar moito máis o ti, pero tamén aí tamén decido que ten que ser un libro contrapuntístico, un libro que estea nun perfecto equilibrio de extremos. Hai un ti que amamos e un nós que nos violenta. Hai un ti que amamos e un el que nos tortura. Hai un nós que nos trata mal, que neste caso son lazos familiares, pero hai un nós do outro tipo, que é o que se xera entre o ti e a voz poética.

Para iso foi moi útil a verdade o proceso de publicación e foi extremadamente chulo publicalo despois.

Cando saiu o libro pensei que todo a xente ía pensar que isto me pasou a min. É unha voz poética moi realista que se identifica cun eu e hai unhas escenas que nos puideron pasar a todos. É o que pensa a maior parte da xente.

Que importancia teñen para ti as voces novas na literatura, na música, na arte…? Na industria cultural en xeral.

As voces novas sempre teñen importancia. A cuestión está en cando se deixa de ser unha voz nova? A voz nova é unha cuestión de idade? Se temos menos de 35 somos unha voz nova ou unha persoa que empeza a escribir con 60 é unha voz nova? Esa é unha das preguntas importantes. Calquera voz nova e calquera persoa que se incorpora creo que lle achega algo ao sistema.

Unha cousa que teñen as voces novas é un aquel de rebeldía en tódolos aspectos. Unha das cousas que me gusta é que a xente pense na familia cando le o libro. Ou sexa, estamos dispostos á chantaxe que supón unha familia a cambio do que nos dá? A familia danos cousas moi boas, pero cantas veces te tes que levar á forza ben con alguén da familia ou comer con quen non che apeteza?

Reflexionar sobre iso e sobre como perdemos á xente.

Todos os procesos renovadores da lírica veñen diso. As mulleres da xeración dos 90, que renovaron a literatura dunha forma impreseionante era xente que naquel entón tiñan 17 ou 20 anos.

Creo que no sistema cultural galego actual hai moitísima xente con moitísimo talento. Hai un talento enorme.

ÚLTIMAS

Aparece o corpo sen vida dun home nunha vía do tren en Vedra

A circulación de trens entre Ourense e Santiago estivo interrompida durante case tres horas...

A alcaldesa destaca a necesidade dun forte investimento no Estadio Verónica Boquete

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que o Estadio...

(VÍDEO) O día que Ronaldinho deixou marca en Santiago de Compostela

No 2004, en pleno ano santo en Galicia, a Xunta de Galicia decidiu levar...

Xavier Coller reflexiona sobre a teatralización da política en España: “Galicia ten o índice máis alto de desacordo parlamentario”

O catedrático de Ciencia Política da UNED, Xavier Coller, presentou onte no Ateneo de...

(VÍDEO) O día que Ronaldinho deixou marca en Santiago de Compostela

No 2004, en pleno ano santo en Galicia, a Xunta de Galicia decidiu levar...

O Festival Ateneo Barroco organiza un club de lectura e un concerto sobre a viola da gamba

O venres 4 de outubro, ás 19:00 horas, a sexta edición do Festival Ateneo...

O Festival Galicreques reúne 30 compañías con máis de 60 funcións en Santiago

O Festival Internacional Galicreques volve a Santiago de Compostela do 12 ao 20 de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here