InicioCULTURAA Xunta inaugura unha exposición sobre Luísa Villalta no Museo do Pobo...

A Xunta inaugura unha exposición sobre Luísa Villalta no Museo do Pobo Galego

A mostra destaca a vida e obra da autora homenaxeada nas Letras Galegas deste ano, con paneis, pezas orixinais e un vídeopoema

Publicado o

Xornal de Compostela

O Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela acolle a mostra titulada ‘Luísa Villalta. A música das palabras’, dedicada á escritora coruñesa homenaxeada nas Letras Galegas 2024. A inauguración estivo a cargo do secretario xeral da Lingua, Valentín García, e do director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, quen resaltaron o valor desta exposición na difusión do legado literario, musical e activista da autora.

A mostra inclúe 14 paneis divulgativos que percorren os momentos máis significativos da vida de Luísa Villalta, desde a súa infancia ata o seu papel como docente, activista e creadora. Ademais, os visitantes poderán contemplar seis vitrinas con pezas orixinais e un vídeopoema recitado pola propia autora. Segundo os representantes da Xunta, esta exposición ofrece “unha maneira accesible de coñecer e comprender a traxectoria de Villalta desde diversas perspectivas”.

Esta proposta, comisariada por Xesúz Domínguez Dono, xa foi exhibida previamente en A Coruña e Vigo, e continuará o seu percorrido por outros puntos de Galicia. A iniciativa forma parte da programación cultural CulturON impulsada pola Xunta de Galicia, coa intención de “celebrar a figura de Luísa Villalta e poñer en valor a súa contribución á nosa cultura”.

ÚLTIMAS

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

O Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da rede de centros socioculturais

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a adxudicación do contrato de...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here