InicioCULTURAA Xunta organiza un desfile de entroidos en Santiago para promocionar o...

A Xunta organiza un desfile de entroidos en Santiago para promocionar o turismo de inverno

Máis de 400 participantes de 14 entroidos galegos desfilarán o 7 de setembro polas rúas do centro histórico compostelán

Publicado o

Xornal de Compostela

Este sábado, 7 de setembro, a Xunta de Galicia organiza o seu tradicional desfile de entroidos en Santiago de Compostela, unha acción enmarcada na estratexia de desestacionalización turística que busca promocionar as festas de entroido galegas e atraer visitantes no inverno. O desfile, impulsado por Turismo de Galicia, sairá da Praza do Obradoiro ás 12:45 horas e percorrerá varias rúas do centro histórico compostelán, como a rúa de Fonseca, o Preguntoiro e a Praza de Cervantes, para rematar de novo no Obradoiro.

O evento contará coa participación de máis de 400 persoas que representan 14 entroidos tradicionais de Galicia, entre os que destacan catro festas declaradas de Interese Turístico: os entroidos de Vilaboa, Verín, Viana do Bolo e os Xenerais da Ulla. Tamén estarán presentes outras celebracións emblemáticas como os Volantes de Chantada, as Bonitas de Sande ou os Vellaróns de Riós.

As actividades comezarán ás 10:30 horas na Praza do Obradoiro con actuacións musicais de DJ Mil e a Banda do Beat, que combinarán música tradicional galega con novos sons da World Music, creando unha atmosfera festiva antes do comezo do desfile.

Esta iniciativa promocional busca que tanto galegos como visitantes coñezan de primeira man a riqueza do patrimonio cultural dos entroidos galegos, incentivando así a súa participación nas celebracións de Entroido durante o inverno.

ÚLTIMAS

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

A Carpa Roxa activa máis de 30 propostas para dinamizar o Nadal no Ensanche compostelán

A praza Roxa converterase, un ano máis, nun dos principais epicentros do Nadal compostelán....

O Teatro Principal e o Auditorio de Galicia acollerán 33 funcións de teatro e danza no primeiro semestre de 2026

A programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura para o primeiro semestre de 2026...

(FOTOS) O acendido do Nadal enche de música e público o Obradoiro

O acendido oficial das luces de Nadal de Santiago celebrouse este venres cunha gran...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here