InicioCULTURASantiago acollerá ata este sábado a oitava edición do festival herDanza

Santiago acollerá ata este sábado a oitava edición do festival herDanza

O evento traerá á capital galega un "amplo abanico" de actividades

Publicado o

Xornal de Compostela

Santiago de Compostela acollerá desde este luns ata este sábado a oitava edición do festival herDanza, un evento de danza contemporánea que conta cun “amplo abano” de actividades para “gozar das artes do movemento” en diferentes escenarios da capital galega. O festival, organizado por Can Cun Quinqué, tamén conta co apoio do Concello de Santiago e de entidades como o Museo do Pobo Galego, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) ou o Instituto Francés.

Segundo explicou o goberno municipal nunha nota de prensa, o principal obxectivo deste festival é “conxugar” a dinamización e a promoción da danza contemporánea coa aposta polos traballos de creadores galegos e co goce do patrimonio arquitectónico da cidade. Deste xeito, o programa desta edición ofrecerá ao público diferentes espectáculos que van desde ladanza de pequeno e mediano formato, ata unha residencia creativa, proxeccións de pezas audiovisuais ao redor desta arte, talleres formativos e outras actividades que se desenvolverán en lugares como a Casa das Máquinas, o Auditorio de Galicia, a igrexa das Ánimas ou o Museo do Pobo Galego, entre outros.

Nesta liña, a concelleira de Capital Cultural de Santiago, Míriam Louzao, presentou este luns a oitava edición deste festival nunha rolda de prensa na que tamén interviñeron o director do Museo do Pobo Galego, Manuel Vilar, o director do CGAC, Santiago Olmo, e do equipo directivo do propio festival.

Así, Louzao destacou o compromiso do HerDanza con servir de “xanela aos creadores emerxentes do país e favorecer un espazo de encontro e diálogo con artistas da contorna estatal e internacional”. Tamén subliñou que esta proposta permite á cidadanía “profundar” nesta achega “ás artes do movemento”, así como entrar en contacto con distintos puntos de vista, propostas e perspectivas “desde as que sentir a danza”.

RESIDENCIA CREATIVA

En concreto, a residencia creativa desta oitava edición recaerá sobre a compañía de danza Aselas ao redor da súa peza ‘Víscera’, que se desenvolverá a partir deste luns no Centro Xove Almáciga e o Auditorio de Galicia. A peza en cuestión “funde movemento e interpretación” para construír unha narrativa con ton de denuncia e emprega constantes musicais, poéticas, coreográficas e escenográficas que fan referencia “ao estómago, o oco e o baleiro”.

O resultado da residencia presentarase ante o público na última xornada do festival, o sábado 7 ás 17.30 horas na praza de San Martiño Pinario. Ademais desta peza, o público poderá gozar doutros cinco espectáculos, o primeiro deles será o xoves 5 ás 17.30 horas no Museo do Pobo Galego, cunha creación da bailarina cubana Lisvet Barcia.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...