InicioCULTURA'A Noite do Patrimonio' porá en valor en setembro a cultura de...

‘A Noite do Patrimonio’ porá en valor en setembro a cultura de 15 cidades españolas

O evento terá lugar o 14 de setembro e Santiago de Compostela figura entre as localizacións participantes.

Publicado o

Xornal de Compostela

A noite do próximo 14 de setembro, as 15 cidades do Grupo de Cidades Patrimonio volverán acoller ‘A Noite do Patrimonio’, un evento que persegue pór en valor a cultura destas localizacións. Así o afirmou este martes a presidenta do grupo e alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, na presentación da programación do evento, celebrada na compostelá Casa das Máquinas.

É un evento que é un exemplo de como a suma de historia, linguas, talento, creatividade e innovación fai que todas as nosas cidades sexan lugares únicos para vivir, para gozar e para visitar”, engadiu a alcaldesa.

A INICIATIVA EN DETALLE

‘A Noite do Patrimonio’, unha iniciativa que se celebrou por primeira vez en 2018, conta co apoio do Ministerio de Cultura como colaborador principal e con Paradores de Turismo como socio estratéxico. Entre as cidades que integran a quincena de localizacións que conforman o programa atópanse localizacións como Santiago de Compostela, Ávila, Toledo, Tarragona e Segovia.

A proposta axunta en si mesmo tres tipos de actividades distintas: xornadas de portas abertas de monumentos, unha gran oferta cultural de lecer nos centros históricos e ‘Escena Patrimonio’, un festival e plataforma de creación para a danza en espazos patrimoniais. A semellanza do ano pasado, a programación artística complementarase con talleres gratuítos de iniciación á danza para todos os públicos, así como actividades dirixidas a profesionais e estudantes de danza que impartirán os artistas convidados a ‘Escena Patrimonio’.

‘A NOITE DO PATRIMONIO’ EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

No relativo ás actividades que acollerá Santiago de Compostela, os interesados en participar no evento poderán realizar visitas guiadas a talleres de artesanía e paseos guiados en espazos emblemáticos da cidade. Na mesma liña, tamén levarán a cabo visitas a espazos considerados como “patrimonio invisible” e quen o desexen poderán gozar da actuación do bailarín e coreógrafo Israel Galván dos Reyes na Casa das Máquinas. Este é un espazo, aberto ao público hai un mes, que a alcaldesa resaltou pola súa “singularidade” e por ser “unha das mostras máis emblemáticas do modernismo en Compostela”.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...