InicioCULTURAO Museo Gaiás inaugura o venres unha exposición sobre cultura viquinga con...

O Museo Gaiás inaugura o venres unha exposición sobre cultura viquinga con pezas arqueolóxicas únicas

A través dun enfoque narrativo novo, explora aspectos como a participación das mulleres e, non só dos homes, nas campañas guerreiras ou a mestura con pobos de puntos como o norte de África ou o sur de Europa, entre outros.

Publicado o

Xornal de Compostela

A Cidade da Cultura inaugurará este venres 12 de xullo unha exposición sobre cultura viquinga con pezas arqueolóxicas únicas prestadas por ata 13 institucións e coleccións cedentes de obra, entre eles museos nacionais de Historia e Arqueoloxía de Suecia, Dinamarca, Francia e España. Co título ‘Unha vida viquinga’, a exposición articula un relato “máis rico e diverso” sobre esta cultura escandinava. Así, segundo detallou a Xunta nunha nota de prensa, apoiándose nas investigacións históricas máis recentes, cuestiona estereotipos que rodean este pobo, ampliando a imaxe que os presenta como bárbaros violentos.

A través dun enfoque narrativo novo, explora aspectos como a participación das mulleres e, non só dos homes, nas campañas guerreiras ou a mestura con pobos de puntos como o norte de África ou o sur de Europa, entre outros. A exposición, que o público poderá visitar no Museo Gaiás a partir do venres e ata xaneiro de 2025 de maneira grauita, está comisariada pola doutora Irene García Losquiño, investigadora da USC e especialista en cultura viquinga.

Xunto a ela, destacou o Executivo autonómico, o proxecto vén avalado por un comité científico internacional con algunhas das autoridades máis respectadas neste campo, como o catedrático de Arqueoloxía da Universidade de Uppsala, Neil Price; a tamén profesora da Universidade de Uppsala, Charlotte Hendenstierna-Jonson; ou a catedrática de Arqueoloxía Medieval da University of Highlands and Islands, Alexandra Sanmark.

Ademais, ‘Unha vida viquinga’ achégase tamén ás incursións escandinavas en Galicia entre os séculos IX e XII, profundando no seu impacto na súa historia e mostrando pezas que pretenden axudar a entender como esta civilización se estendeu polo continente europeo, e máis aló das súas fronteiras, e deixou tamén a súa pegada en Galicia, en forma de vestixios no patrimonio material e inmaterial, por exemplo en zonas como a ría de Arousa, a ribeira do Ulla ou a Mariña lucense.

ÚLTIMAS

O colectivo de persoas racializadas da acampada do Obradoiro convoca unha concentración contra o racismo no acceso á vivenda

A Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela acollerá este luns 12 de outubro...

Verea acusa o Goberno de Santiago de non preparar a cidade para o Xacobeo 2027

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, cuestionou a actuación do Goberno...

O persoal do comercio de alimentación maniféstase en Santiago para reclamar melloras laborais e salariais

As rúas de Santiago acolleron este sábado unha manifestación de traballadores e traballadoras do...

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

Cineuropa celebra 40 anos en Santiago e abre a selección do seu Xurado Novo

O festival Cineuropa cumprirá este outono 40 anos de historia en Santiago de Compostela...

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

O CiMUS de Santiago lidera un proxecto europeo para desenvolver novas terapias contra os tumores cerebrais

O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade...