InicioCULTURAA USC albergará a primeira Escola de Verán IPSA-AECPA en Ciencias Políticas

A USC albergará a primeira Escola de Verán IPSA-AECPA en Ciencias Políticas

Trátase dunha nova plataforma para o avance metodolóxico en ciencia política, xunto a destacadas iniciativas globais

Publicado o

Xornal de Compostela

Este próximo mes de setembro, a Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC) convertirase en sede da primeira edición da Escola de Verán IPSA-AECPA. Esta escola forma parte da rede mundial de programas metodolóxicos da International Political Science Association (IPSA), que inclúe outras prestixiosas edicións realizadas na Universidade Nacional de Singapura, FLACSO-México, a Universidade de Stellenbosch en Sudáfrica e a Técnica de Oriente Medio en Turquía.

A edición de Santiago destaca por ser a primeira a nivel internacional organizada por unha asociación estatal, neste caso, a Asociación Española de Ciencia Política e da Administración (AECPA). O acordo para o desenvolvemento desta actividade formativa foi asinado este xoves no Colexio de San Xerome polo reitor da USC, Antonio López, e o presidente da AECPA, Juan Montabes Pereira.

A Escola de Verán IPSA-AECPA ofrece formación avanzada a estudantes de posgrao e académicos que desexen reforzar as súas competencias metodolóxicas. Neves Lagares Dez e Erika Jaráiz Gulías, profesoras da USC, serán as responsables de exercer a dirección e a coordinación deste importante evento educativo.

En paralelo, a Facultade de Ciencias da Educación da USC desenvolveu o proxecto de Aprendizaxe-Servizo (ApS) ‘Defender a quen defende: mulleres defensoras de dereitos’, liderado polo Grupo de Investigación da USC Terceira Xeración. A iniciativa involucrou a estudantes dos graos en Educación Social e Pedagoxía, quen traballaron en proxectos de intervención deseñados para divulgar e sensibilizar sobre a situación das defensoras de dereitos.

Os estudantes participaron na creación de proxectos educativos desenvolvidos en centros de Teo e Redondela, así como na organización duna exposición que estará dispoñible no próximo curso académico en diversos espazos da USC. Ademais, colaboraron con Haydée Castelo, unha recoñecida defensora de dereitos humanos nicaraguana vinculada á Iniciativa Mesoamericana de Mulleres Defensoras de Dereitos Humanos.

A través destas iniciativas, a USC reafirma o seu compromiso coa excelencia académica e a responsabilidade social, promovendo tanto a investigación empírica de alto nivel como a concienciación sobre cuestións críticas de dereitos humanos.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda comeza a desmontarse no Obradoiro

A acampada pola vivenda de Santiago de Compostela iniciou a recollida e reorganización do...

Denuncian no Obradoiro que a Policía acurralou e golpeou manifestantes tras a marcha do 11N

Unha trintena de persoas concentrouse este sábado na praza do Obradoiro, en Santiago de...

Feijóo promete en Santiago que “non volverá haber corrupción” se goberna o PP en España

Alberto Núñez Feijóo comprometeuse este sábado no Multiusos Fontes do Sar a impulsar a construción...

O PSdeG apela ao voto útil nun encontro con cargos públicos da comarca de Santiago

Os candidatos socialistas Sindo Guinarte e Ana Alvite reuníronse este sábado con cargos públicos...

A galería DUPLA inaugura este venres ‘Un corpo propio’, unha exposición de Yolanda Dorda sobre o corpo feminino

A galería DUPLA de Santiago de Compostela, situada no número 9 da rúa Fonte...

Falece en Santiago o escritor e investigador Xaquín del Valle-Inclán aos 73 anos

O escritor, profesor e investigador Xaquín María del Valle-Inclán Alsina faleceu este luns, 9...

Dunha antena pendurada dun pau á UNESCO: os 30 anos do proxecto que uniu Galicia e Portugal a través da radio escolar

Houbo un tempo no que conectar dúas escolas separadas por unha fronteira requiría pouco...