InicioCULTURACal é a orixe da expresión compostelá “o carallo 29”?

Cal é a orixe da expresión compostelá “o carallo 29”?

A orixe da expresión remóntase á constitución canovista e está presente nas rúas de Compostela en forma de pedra

Publicado o

Por Marta Balado Simó

“O carallo 29” é unha expresión moi típica entre os galegos, utilizada en contextos coloquiais para dar por rematada unha discusión ou debate, como quen di “si, o que ti digas”. A palabra “carallo” significa pene dun xeito máis popular e o número 29 fai referencia ao artigo 29 da constitución canovista do ano 1876.

Ao parecer, o citado artigo fai referencia á ley electoral e afirma que cando, nunhas eleccións só existe un só candidato ou lista de candidatos ou cando as prazas vacantes sexan iguais ou maiores ás dos postulantes, as eleccións non se celebrarán e os gañadores serán directamente os que se presentaron ao cargo.

Durante a época da Restauración Borbónica, a práctica política do caciquismo estivo en auxe, o que impedía o correcto funcionamento da democracia. Nese contexto, no ano 1931, celebráronse eleccións municipais en Santiago de Compostela e os caciques utilizaron o artigo 29 no seu favor para, con accións ilegais, conseguir a representación única e así conseguir o goberno. Deste xeito, a poboación compostelá e sobre todo os republicanos, indignados, comezaron a chamar a denominar a ese artigo como “o carallo 29”, dun xeito despectivo. A pesar de todo isto, ¿sabías que o carallo 29 existe realmente e está presente nunha das rúas de Compostela?

Camiñando polas rúas da zona vella, ao chegar á Rúa Travesa, na súa intersección ca Rúa de San Bieito, exactamente no número 29, atopamos unha pedra con forma fálica que recibe o nome de “o carallo 29”.

Por último, existen outras teorías sobre a orixe desta expresión. Segundo o Arquivo da Deputación de Pontevedra, este dito remóntase á época do foro, onde unha institución lle cedía o uso dunha terra a outra a cambio do cumprimento dunha condicións previamente estipuladas. Dentro da lexislatura, existía un artigo que levaba o nome de O carallo 29 e a importancia do foro en Galicia, que recolle que “a duración destes contratos agrario – dende o principio, moi longa -, fixouse por vidas de 3 voces – vidas de foreiros – ou de 3 reis e 29 anos”. A partir de aí, a expresión foise popularizando e chegou ata os nosos tempos.

ÚLTIMAS

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

A mocidade socialista de Compostela convoca unha protesta de urxencia polo adianto electoral

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) convocou para este luns unha mobilización de urxencia...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

Santiago abre o ciclo ‘Malestares’ para abordar os medos e incertezas da mocidade

A Concellería de Xuventude de Santiago e a Asociación Mulleres Andaina impulsan durante este...

Santiago entrega a Compostela número 500.000 de 2026 a unha peregrina mexicana

A Oficina de Acollida ao Peregrino alcanzou este domingo unha nova cifra no rexistro...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here