InicioCULTURAA Asociación Galega da Crítica e o Ateneo celebran un encontro cos...

A Asociación Galega da Crítica e o Ateneo celebran un encontro cos autores premiados cos Premios da Crítica 2023

Antón Lopo e Manuel Veiga serán homenaxeados nun evento que contará coa participación de Ana Romaní e Dolores Vilavedra

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación Galega da Crítica (AGC) e o Ateneo de Santiago celebran este xoves, día 23 de maio, ás 19:30 un encontro cos autores galegos galardoados cos Premios da Crítica 2023, o poeta Antón Lopo, pola obra Diarios / 1. Azul Monforte, e o xornalista Manuel Veiga, pola novela Perder as bestas.

No acto, que se levará a cabo en Afundación (Rúa do Vilar, 19), os premiados estarán acompañados pola poeta Ana Romaní e a profesora Dolores Vilavedra, así como os representantes das entidades organizadoras, Mario Regueira, da Asociación Galega da Crítica e Xosé Ramón Pousa, do Ateneo de Santiago.

Estes recoñecementos veñen entregándose pola Asociación Española de Críticos Literarios dende 1956, premiando os mellores libros de narrativa e poesía publicados no ano anterior, tanto en castelán como en galego, éuscaro e catalán.

ÚLTIMAS

Santiago homenaxea a Borja Iglesias tras proclamarse campión do mundo coa Selección Española

O futbolista Borja Iglesias regresou este luns á súa cidade natal como campión do...

Patadas na cabeza, unha navalla e ameazas previas: investigan dúas agresións nas festas de Conxo

Familias e amigos de dous mozos denunciaron por distintas vías que ambos tiveron que...

Educación fixa servizos mínimos nos colexios de Santiago pola folga do persoal de Lacera

A Consellería de Educación publica este luns no Diario Oficial de Galicia os servizos...

O Concello contratará un préstamo de 2,97 millóns e abre 90.000 euros en axudas para asociacións veciñais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns o expediente para contratar...

O XV Encontro Artes pola Integración arranca en Santiago con danza contemporánea no Teatro Principal

O Teatro Principal de Santiago abrirá o vindeiro martes, 15 de setembro, a programación...

‘Artesanamente’ reunirá en Santiago máis de 40 marcas e levará os oficios tradicionais á rúa

Santiago de Compostela volverá converterse durante tres días nun escaparate para os oficios tradicionais,...

A Xunta e a USC lanzan a segunda edición das Residencias ArtLab IGFAE para conectar arte e física

A Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela abriron a segunda...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here