InicioCULTURAArtistas galegos comprometid@s con Palestina: The Rapants, Laura Lamontagne, O Xoán e...

Artistas galegos comprometid@s con Palestina: The Rapants, Laura Lamontagne, O Xoán e Caamaño&Ameixeiras no AmalxGaza

Publicado o

Xornal de Compostela

A Fundación Araguaney e o Festival Amal organizarán o vindeiro 8 de outubro na Sala Capitol de Santiago a terceira edición do concerto solidario con Palestina “AmalxGaza”, incluído na programación da Semana de Cine Euroárabe e no que participarán The Rapants, Laura Lamontagne, O Xoán e Caamaño& Ameixeiras.

Tal e como explicou a Fundación Araguaney nunha nota, este espectáculo “consolidouse como un dos eventos solidarios máis salientables da programación cultural en Santiago, tanto pola súa capacidade de convocatoria como pola implicación de artistas comprometidos coa defensa dos dereitos humanos”. O concerto solidario ten como obxectivo principal recadar fondos para apoiar a Axencia das Nacións Unidas para as Persoas Refuxiadas de Palestina no Próximo Oriente (UNRWA).

Desde a Fundación Araguaney ponse de novo en marcha esta iniciativa “para amosar o seu compromiso coa poboación palestina e contribuír á resposta humanitaria nun contexto marcado pola emerxencia e a destrución de infraestruturas básicas en Gaza”. “Nesta terceira edición, o concerto consolídase como un evento solidario de referencia en Santiago, onde a cultura e os artistas galegos se converten nunha ferramenta fundamental de sensibilización e transformación social para garantir que a UNRWA poida seguir prestando asistencia humanitaria esencial á poboación palestina”, sinala a Fundación.

As entradas están á venda de forma anticipada na web da Sala Capitol e tamén se poderán adquirir na A Reixa Tenda / Matrioska (Hórreo 53, Santiago) e na billeteira da Sala Capitol o propio día do evento a partir das 19.30 horas.as 19,30 horas.

ÚLTIMAS

O Sindicato de Vivenda de Compostela denuncia que unha manifestante ingresou no hospital tras unha agresión policial

O Sindicato de Vivenda de Compostela denunciou que varias participantes nas mobilizacións da folga...

O PSdeG abre a campaña en Santiago cun chamamento á mobilización para o 29-N

O PSdeG iniciou en Santiago a campaña para as eleccións xerais do 29 de...

Pedro Sánchez participará nun acto electoral en Santiago o mércores 18 de novembro

O presidente do Goberno e candidato do PSOE ás eleccións xerais, Pedro Sánchez, visitará...

Fronte Ampla propón crear unha empresa farmacéutica pública en Santiago en colaboración coa USC

A coalición Fronte Ampla presentou este xoves en Santiago de Compostela o seu programa...

A galería DUPLA inaugura este venres ‘Un corpo propio’, unha exposición de Yolanda Dorda sobre o corpo feminino

A galería DUPLA de Santiago de Compostela, situada no número 9 da rúa Fonte...

Falece en Santiago o escritor e investigador Xaquín del Valle-Inclán aos 73 anos

O escritor, profesor e investigador Xaquín María del Valle-Inclán Alsina faleceu este luns, 9...

Dunha antena pendurada dun pau á UNESCO: os 30 anos do proxecto que uniu Galicia e Portugal a través da radio escolar

Houbo un tempo no que conectar dúas escolas separadas por unha fronteira requiría pouco...