InicioCULTURA'A Santa' de Asorey regresará a Galicia cen anos despois da súa...

‘A Santa’ de Asorey regresará a Galicia cen anos despois da súa creación

A escultura, que permaneceu máis de sete décadas en Montevideo, exhibirase de forma permanente na Cidade da Cultura grazas á colaboración entre Galicia e Uruguai.

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Galicia trasladará desde Uruguai a escultura ‘A Santa’, unha das obras máis representativas de Francisco Asorey, coincidindo co centenario da súa creación. A peza, propiedade da Administración autonómica desde 2022, poderá contemplarse de maneira permanente na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, tras permanecer máis de setenta anos en Montevideo.

A Consellería de Cultura destaca que ‘A Santa’ é unha das creacións máis relevantes da escultura galega do século XX e un símbolo da memoria artística e da emigración galega. A obra foi presentada en 1926 na Exposición Nacional de Belas Artes de Madrid e, en 1951, foi adquirida pola colectividade galega emigrante en Montevideo, onde permaneceu exposta durante décadas. A Xunta recuperouna en 2022 no proceso de adquisición de bens da Casa Galicia da capital uruguaia.

Inicialmente, a escultura quedou depositada no Museo Zorrilla de Montevideo tras un acordo entre os gobernos de Galicia e Uruguai. Porén, a reorganización da colección e do discurso expositivo deste museo levou ambas as administracións a acordar o seu traslado definitivo a Galicia para favorecer unha mellor contextualización, conservación e difusión da obra.

Antes da súa instalación definitiva, ‘A Santa’ xa formou parte da exposición ‘Galicia, un relato no mundo’, organizada na Cidade da Cultura e visitada por máis de 46.000 persoas. O regreso da escultura foi posible grazas á colaboración entre a Xunta, o Goberno de Uruguai, o Museo Zorrilla e as colectividades galegas da diáspora.

ÚLTIMAS

Santiago autoriza a construción de 33 vivendas protexidas na rúa Manuel Ceruelo

O Concello de Santiago concedeu licenza á cooperativa Porto Sur para construír 33 vivendas...

O Maré traerá a Santiago a Aterciopelados, Omar Souleyman e Bia Ferreira na súa sétima edición

O festival Maré volverá a Santiago de Compostela do 23 ao 27 de setembro...

O Concello destina máis de 727.000 euros a mellorar os centros educativos durante o verán

O Concello de Santiago está a aproveitar o período sen actividade lectiva de xullo...

Ames abre as axudas de ata 1.500 euros para familias numerosas e monoparentais

O Concello de Ames mantén aberto ata o próximo 14 de setembro o prazo...

O Maré traerá a Santiago a Aterciopelados, Omar Souleyman e Bia Ferreira na súa sétima edición

O festival Maré volverá a Santiago de Compostela do 23 ao 27 de setembro...

Santiago gaña oito novas conexións aéreas

A nova compañía aérea Fly2Galicia anunciou que comezará a operar o 1 de decembro...

Santiago licita por 14,5 millóns o Servizo de Axuda no Fogar e eleva ata 270.000 as horas anuais

A Xunta de Goberno de Santiago deu luz verde ao inicio do procedemento para...