InicioCULTURAAs letras galegas deste ano: Luisa Villalta e outras recomendacións de literatura...

As letras galegas deste ano: Luisa Villalta e outras recomendacións de literatura en galego para nenos e adultos

Publicado o

Por Míriam Ferraces Fernández

Día das Letras Galegas, celebrado cada 17 de maio, é unha homenaxe á lingua e á literatura galega, así como un recoñecemento aos autores que contribuíron ao seu enriquecemento e difusión. Esta festividade, instaurada en 1963 pola Real Academia Galega, elixe cada ano a un escritor ou escritora galega cuxa obra mereza ser divulgada e recordada. O obxectivo é fomentar a lectura en galego, promover a cultura galega e honrar a traxectoria literaria e vital de figuras senlleiras da nosa literatura.

Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a Luísa Villalta, unha autora multifacética que destacou como poeta, narradora, ensaísta e dramaturga. Nacida na Coruña en 1957, Villalta foi tamén profesora e violinista, e a súa obra reflicte unha profunda preocupación pola identidade, a memoria e os dereitos humanos. Luísa Villalta explorou temas como a loita pola liberdade e a xustiza socia.

Dende Xornal de Compostela fixemos un vídeo homenaxeando a Luisa Villalta:

Xa que falamos do Día das Letras Galegas, que mellor maneira de celebrar a nosa lingua que mergullándonos na literatura en galego? Así, compartimos unha serie de recomendacións de obras escritas en galego que son ideais para comezar a ler na nosa lingua:

  • ‘Cobiza’ de María Reimóndez:  Esta novela de ciencia ficción feminista foi galardoada co I Premio Pinto e Maragota á diversidade sexual e de xénero. A historia, que se desenvolve nun futuro post-apocalíptico, aborda temas como a construción do sexo e do xénero, a identidade e as orientacións sexuais, cunha perspectiva feminista e ecoloxista.
  • ‘Deixe a súa mensaxe despois do sinal’ de Arantza Portabales:  Unha narrativa orixinal que utiliza mensaxes de voz nun contestador automático para contar as historias de varias personaxes. Esta novela destaca pola súa creatividade e pola habilidade da autora para tecer múltiples voces e vidas nun relato conmovedor e cheo de humanidade.
  • ‘Non penses nun elefante rosa’ de Antía Yañez: Con moito humor e profundidade, esta novela aborda o tema da saúde mental a través da historia de Aurora, unha moza independente que debe afrontar os desafíos da vida moderna. Un relato divertido e incisivo que reflicte as complexidades da vida dunha millennial.


A literatura infantil é unha marabillosa porta de entrada ao mundo da lectura para os máis pequenos. Por iso presentamos tres recomendacións de libros infantís en galego que son perfectas para fomentar o amor pola lectura desde a infancia, ao mesmo tempo que axudan a preservar e promover a nosa lingua:

  • ‘Todas as cores do amor’ de Alba Castellví Miquel: Clara coñece a unha pintora estrafalaria na praza, quen lle axuda a descubrir cousas importantes sobre o amor e as relacións. Unha historia que explora a diversidade dos sentimentos e as cores do amor.
  • ‘O gran libro das nosas cousas’ de Blanca Millán: Un percorrido visual e didáctico por flores, bichos, cociña, peixes e instrumentos musicais, presentado con fermosas ilustracións. Este libro é perfecto para os máis pequenos, ofrecendo máis de 600 palabras divididas en 18 áreas temáticas.
  • ‘Ramona Örbita: A dona do tempo’ de Pakolas: Esta obra introduce aos nenos no mundo da música e da ciencia a través da personaxe de Ramona Örbita. Diversión e aprendizaxe, animando aos pequenos a explorar e coñecer o mundo que os rodea.

ÚLTIMAS

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

A Carpa Roxa activa máis de 30 propostas para dinamizar o Nadal no Ensanche compostelán

A praza Roxa converterase, un ano máis, nun dos principais epicentros do Nadal compostelán....

O Teatro Principal e o Auditorio de Galicia acollerán 33 funcións de teatro e danza no primeiro semestre de 2026

A programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura para o primeiro semestre de 2026...

(FOTOS) O acendido do Nadal enche de música e público o Obradoiro

O acendido oficial das luces de Nadal de Santiago celebrouse este venres cunha gran...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here