InicioCULTURARamón Villares, exreitor da USC, doa o seu arquivo á Universidade para...

Ramón Villares, exreitor da USC, doa o seu arquivo á Universidade para incorporalo aos fondos do Arquivo Histórico Universitario

O acto de doazón levouse a cabo este mércores no Arquivo e contou coa presenza do actual reitor da USC, Antonio López, e da directora do AHUS, Désirée María Domínguez Pallas

Publicado o

Xornal de Compostela

O exrector da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Ramón Villares doou o seu arquivo persoal á institución para que sexa integrado nos fondos do Arquivo Histórico Universitario (AHUS). Trátase dun total de 66 caixas con documentos dos seus preto de 50 anos de experiencia profesional.

En concreto, o acto de doazón levouse a cabo este mércores no Arquivo e contou coa presenza do actual reitor da USC, Antonio López, e da directora do AHUS, Désirée María Domínguez Pallas.

A doazón abarca tanto os traballos de investigación propios e tutelados nos que participou –acompañados de referencias, textos, fichas e reproducións de numerosas fontes documentais–, como aqueles relativos á súa actividade como docente –fichas de estudiantado, asistencias a congresos, artigos e diverso material docente–.

Así mesmo, tamén forma parte deste arquivo persoal a documentación relativa á súa etapa como reitor da USC, entre outros documentos vinculados non só á súa traxectoria profesional na Universidade senón tamén a outras institucións culturais galegas e do resto do Estado.

“O valor histórico co que contan estes documentos radica na relevancia profesional e intelectual da figura que os produciu e acumulou ao longo da súa dilatada vida académica e laboral así como polo estreito vínculo que mantivo coa Universidade de Santiago de Compostela”, relatou a directora do arquivo.

Deste xeito, este arquivo engade así a documentación “dunha relevante figura intelectual galega que desenvolveu unha valiosa achega como estudioso e investigador e que tivo e segue tendo un estreito vínculo profesional coa USC”.

ÚLTIMAS

O pleno rexeita a proposta do PP para retirar todos os radares de Conxo

O pleno do Concello de Santiago rexeitou este xoves a proposición presentada polo Partido...

O pleno aproba a execución dun programa urxente para reparar a rede viaria e reclama axilizar pagos nos CSC

O pleno do Concello de Santiago aprobou este xoves a execución dun programa urxente...

O PSdeG de Santiago reclama a creación dun Banco Público Municipal de Alugueiro para mobilizar vivendas baleiras

O secretario xeral do PSdeG en Santiago, Aitor Bouza, reclamou este mércores a posta...

O Obradoiro incorpora a Travis Munnings para reforzar o xogo exterior

O equipo compostelano continúa a traballar na configuración da súa plantilla coa incorporación de...

A Real Filharmonía de Galicia presenta o programa ‘Ao lonxe’ con Raquel Areal como solista convidada

A Real Filharmonía de Galicia vén de presentar ‘Ao lonxe’, un novo programa da...

Bodegas Lodeiros logra tres pratas no International Wine Challenge na cuarta edición de Galicia Avanza

O programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas innovadoras e/ou de base...

O Centro Dramático Galego inicia os ensaios de ‘Hamlet’ con estrea prevista para marzo en Santiago

A Xunta de Galicia iniciou no Centro Dramático Galego os ensaios de Hamlet, a...